CONTACONMIGO PRIMARIA

Este ano fixemos a actividade Contaconmigo coas familias dos nenos e nenas de primaria.

Encantounos esta experiencia.

A nai de Ismael de 1º e de Pablo e Manuel de 1º e 3º contaron un conto sobre a contaminación e a importancia de reciclar, reducir e reutilizar, para coidar o noso planeta Terra.Despois ensináronnos unhas imaxes para que viramos como afecta a contaminación aos nosos mares, á vexetación e aos animais. Que interesante! Canto aprendemos!

A nai de Xiana, Laura e Leo de 1º fixeron unha representación teatral: “Breixo dende o Val a súa participación nas Olimpiadas”. Canto nos reimos!

A nai de Alex de 4º veu a falarnos da primeira muller futbolista, que era galega. Tamén nos contou varias curiosidades sobre ese deporte que tanto nos gusta. Cantas cousas non sabiamos!

      Moitas grazas a todas por participar.