REPARTO DE MÁSCARAS

 

Publicada a Orde do 6 de novembro pola que se regulan os criterios e procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria

Teñen dereito a este reparto o seguinte alumnado :

1-Beneficiarios da axuda de material de 5o euros ( solicitada no mes de xuño) NON TEDES QUE PRESENTAR SOLICITUDE . É automáico . Ao centro xa nos constan estes datos e procederemos ao REPARTO DE MÁSCARAS ÁS FAMILIAS QUE FÚCHEDES BENEFICIARIAS DESA AXUDA.

2-Familias con renda per cápita inferiores a 6000 euros e que non solicitáchedes a axuda de material . Tómase como referencia a declaración do 2028 ( casillas 432+460 dividida polos membros da unidade familiar )

3-O alumnado tutelado pola xunta.

4-Alumnado con discapacidade superior ao 65%

PRAZO : do 16 ao 27 de Novembro

LUGAR DE PRESENTACIÓN : Sede de San Xiao en horario do Equipo Directivo ( chamade antes para cercionarse e concertar cita)

DOCUMENTACIÓN :

 *Anexo I e II cuberto e asinado por todos os membros da unidade familiar ,

*Copia do Libro de familia

*Sentencia de separación ou divorcio de ser o caso.

*Certificado de convivencia ou informe dos servicios sociais se os membros da unidade familiar non están no libro de familia.

Para descargar a solicitude preme aquí

para consultar a Orde preme aquí

EN PRÓXIMAS COMUNICACIÓNSA INFORMARÉMOSVOS DO XEITO DE PROCEDER AO REPARTO DAS MÁSCARAS A AQUELAS FAMILIAS BENEFICIARIAS.

Un saúdo. A dirección