TEXTO INFORMATIVO: A NOTICIA

Neste mes aproveitando a Semana da Prensa, na Escola de Sedes traballamos as características do Texto Informativo centrándonos na noticia, como parte da adquisición do proceso da lecto-escritura. Para que serven, en que partes se dividen, como nos explican o sucedido, como é a linguaxe ou que elementos ten que ter para que a comprendamos mellor. 

Como paso inicial exploramos o xornal cos sentidos

Ademais reflexionamos onde podemos ler, ver, escoitar noticias alén do xornal e que tipos de xornal hai en función do formato ou das noticias que conteñen. 

Por outra banda dentro do propio xornal diferenciamos as seccións e que significan todos os nomes, letras e números que atopamos.

 E con toda esta aprendizaxe xa fomos quen de facer a nosa propia portada de xornal.