Domirón
LETRAS GALEGAS
A pesar de ser un curso raro, en Domirón non perdemos a tradición e, un ano máis, sacamos adiante o cancioneiro de cantigas en galego. Como a situación actual non nos permitiu compartilo en directo con vós fixemos unha gravación para que poidades desfrutar escoitando aos grandes artistas.
ANIMÁDEVOS A CANTAR CON ELES!
CUMPLES DE ABRIL
NO MES DE ABRIL TOCOU CELEBRAR OS ANIVERSARIOS DE:
MARCOS LUCÍA ADRIÁN
JESÚS UXÍA
MOITOS PARABÉNS PEQUES!
SEMANA DO LIBRO
Este ano para conmemorar o día do libro a nosa mascota BUFIÑA propúxonos facer unha actividade super divertida.
Preparounos unha XINCANA relacionada con contos moi coñecidos por nós. Había que ir superando uns retos para así conseguir os números que abrían o candado dunha caixa onde gardara unha pequena sorpresa.
Con gran ilusión, emoción e nerviosismo todos os nenos e nenas foron capaces de ir superando as probas para conseguir a súa recompensa!
Moitras grazas Bufiña, estamos moi agradecidos de poder participar nesta xincana.
ESPERAMOS QUE DESFRUTEDES TANTO COMO NÓS VENDO O SEGUINTE VIDEO
CUMPLES MARZO
NO MES DE MARZO SO TIVEMOS ANIVERSARIOS NA CLASE DE 3 E 5 ANOS
MOITOS PARABÉNS E UNHA APERTA ENORME PARA OS TRES!
CARLA ALICIA IZAN
DIA DA ARBORE
O pasado 21 de marzo foi o DÍA DA ÁRBORE e na escola de Domirón decidimos plantar un loureiro, contamos cuns axudantes que tiñan moitas ganas de traballar. Agora toca coidalo entre todos e todas para que medre moito no noso patio.
CUMPLES FEBREIRO
NO MES DE FEBREIRO CELEBRAMOS UN MONTÓN DE CUMPLES, AQUÍ ESTÁN TODOS OS NENOS E NENAS QUE ESTIVERON DE ANIVERSARIO NESTE MES.
MOITOS PARABÉNS E UNHA MOREA DE BIQUIÑOS!!
CAMILA LUNA GALA
THIAGO ISAAC MARTINA
LOIS ADRIANA VALENTINA
ENZO MARTÍN
ENTROIDO 2021
CHEGOU A SEMANA DO ENTROIDO, E COÑECEMOS AO NOSO MECO "MAKUMBA".
Este ano todo é diferente, en lugar de traer algo da casa, o meco mandounos facer cada día un complemento no cole.
Para que o último día, xoves, nos convertiramos en verdadeiros OLIMPICOS.
3 ANOS 5 ANOS
4 ANOS
O VENRES MAKUMBA DÍXONOS QUE PODÍAMOS VIR DISFRAZADOS DO QUE MÁIS LLE GUSTASE A CADA UN, ASÍ QUE TIVEMOS UNHA GRAN VARIEDADE DE DISFRACES, TODOS ELES ESPECTACULARES!!
ESTE ENTROIDO TIVEMOS QUE FACER FESTAS INDIVIDUAIS EN CADA CLASE, PERO NON FALTARON OS XOGOS, BAILES, MERENDA.. E, PARA REMATAR O DÍA, FIXEMOS A TRADICIONAL QUEIMA DO MECO E UN GRAN DESFILE.
DEIXÁMOSVOS POR AQUÍ ALGÚNS DOS MOMENTOS DESTE DÍA.
4 ANOS
5 ANOS 3 ANOS
DIA DA PAZ
O 30 de xaneiro celebramos O DÍA DA PAZ
Baixo o lema "SEMENTANDO A PAZ" fixemos a seguinte actividade: botar terra nunha maceta, e cando xa estaba chea, cada neno e nena plantou a súa flor. Esta tiña unha mensaxe referente á paz que foi decorada coa colaboración das súas familias.
Tamén aprendimos, cantamos e bailamos unha canción que leva por título
"QUÉROTE MÁIS", nos seguintes vídeos podedes ver o ben que o fixeron!
CUMPLES DE XANEIRO
COMEZAMOS UN NOVO ANO E OS MAIORES DAS CLASES XA CAMBIAN DE CIFRA
MOITOS PARABÉNS PARA TODOS!
NICO LIAM ERICK
ÓLIVER SAMU
GRETA
Tarefas aula 6º E. Infantil Semana confinamento: 1-5 febreiro
Tarefas 1 febreiro:
Se queredes acceder as tanrefas do luns preme en luns, e se queredes acceder as fichas prema as fichas. A continuación o conto de hoxe: Grúfalo
Tarefas 2 de febreiro:
Ola amiguiños, se queredes acceder as tarefas de martes, pincha en martes e se queredes ver cales son as fichas de hoxe, preme en fichas. A continuación o conto de hoxe: "Frederick".
Tarefas 3 de febreiro.
Ola peques!! se queredes acceder as tarefas de mércores, preme en mércores, e se queredes ver as fichas deste día preme en fichas. A continuación o conto de hoxe: Os chibos, chibóns:
Tarefas 4 de febreiro:
Se queres acceder as tarefas do xoves, preme en xoves, e se queres darlle un vistazo ás fichas de hoxe, preme en fichas. A continuación o conto de hoxe: Cocorico.
Tarefas 5 de febreiro:
Se queres acceder as tarefas do venres, preme en venres e se queres ver as fichas deste día preme en fichas. A continuación o conto de hoxe: A vaca que puxo un ovo. Creo que é o último día de cuarentena para todos, así que conto vervos a todos en Domirón o luns. Vémonos!!!!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- seguinte ›
- última »
![RSS - Domirón Distribuir contido](/centros/cranaron/misc/feed.png)