Sedes

¿Que teño no meu corazón?

Para conmemorar o día da paz, traballamos dúas cancións: Eu teño alguén no meu corazón e Corazón con cremallera.

Primeiro fixemos un corazón grandes pintandoos e decorandoos como nos gustara máis. Despois puxemoslle unha cremallera.

A semana antes do día da paz levamos para a casa oito tarxetiñas que deberiamos completar: o noso conto favorito, a canción favorita, a miña familia, eu son feliz cando, que teño no meu corazón, o que máis me gusta facer é,  de maior quero ser..., o meu xoguete favorito. Son cousas moi importantes que cada un de nos ten no seu corazón e que despois compartimos cos demais. Houbo moitas sorpresas cando llas limos aos nosos compañeiros. Cando rematamos pegámolas todas nunha cinta que despois colgamos na clase. Foi unha actividade moi moi fermosa que desfrutamos moito e na que aprendimos moitas cousas. Moitas grazas as familias pola axuda que nos aportaron.

Moedas Romanas

 

Un día Bufiña deixounos na maleta unhas cantas moedas romanas, eran todas diferentes, unhas de ouro, outras de plata e outras de bronce. Nos quixemos facer as nosas propias moedas e para  iso eliximos tres cores; dourado, plateado e vermello para que similaran os tres materiais das moedas. Primeiro buscamos un circulo para poder calcar e recortamos. Despois pegams a Xulio César e por último puxemoslle o nome. Esperamos que vos gusten.

 

 

Todo preparado para o gran día.

Os nenos e nenas de Sedes quixemos deixar todo preparado para o día máis importante do ano que aínda que non estaremos na escola ben o merecido o temos.

Primeiro despois de pensar o que queríamos escribimos a carta para enviarlla ao Paxe Real o día da festa.

 

Despois puxermos a árbore de Nadal.

Pensamos en todos tres vasos de auga, tres galletas e unha magdalena para os Reis Magos. Unha cabaza e follas para os camellos. E como  non os nosos calcetíns para que souberan quen e cantos somos. E agora a desfrutar das vacións e a esperar con ilusión a que os nosos desexos se cumplan.

Bo Nadal

 

 

Un xogo moi especial.

 

Chegou o Nadal e como recompensa do noso esforzo a nosa mestra agasallounos cun xogo moi especial. Un memori da nosa familia onde debemos emparellar os nosos avos, avoas, pais, nais, irmáns... na actualidade e cando eran pequenos. Simplemente xenial gustounos moito moito e fixonos moita gracia ver como era a nosa familia cando eran pequerrechos. 

A mestra desexa que pasedes momentos divertidos e de ilusión xogando en familia.

 

 

Os nosos traballos

 

O primeiro trimestre xa rematou e para gardar os nosos traballiños que elaboramos con tanta ilusión fixemos unha carpeta moi moi bonita. Nela ía todo o vocabulario que aprendimos, imaxes das marabillas do mundo, as momias, as pirámides.... tamén levaba un mapa de onde estaba cada marabilla e unhas diapositivas que para velas mellor tiñamos que usar a lupa. Espero que vos gustara tanto coma a nos porque o fixemos con moito cariño.

TAJ MAHAL EN CONSTRUCCIÓN

OS NENOS E NENAS DE SEDES ESTE ANO ESTAMOS APRENDENDO MOITAS COUSAS DE ARQUITECTURA E DOS ARQUEÓLOGOS, E  DAS MARABILLAS DO MUNDO.

ESTA VEZ APRENDIMOS COUSAS DO TAJ MAHAL, SABEMOS QUE ESTÁ FEITO DE MÁRMOL BRANCO, QUE ESTÁ DECORADO CON LETRAS, FORMAS XEOMÉTRICAS E FLORES... QUE TARDARON 22 ANOS EN CONSTRUÍLO(A NOS QUE SOMOS UNS EXPERTOS NON NOS LEVOU TANTO), QUE É UNHA TUMBA CONSTRUÍDA POLO AMOR QUE SENTÍA SAHAN POLA SÚA MULLER MUTMAZ, QUE ESTÁ NA INDIA...... E CATRO DESEXOS QUE SEGURO QUE SE LLE PREGUNTADES AOS VOSOS NENOS E NENAS SEGURO QUE VOLO CONTAN, ISO E MOITO MÁIS.

POIS O OUTRO DÍA BUFIÑA DEIXOUNOS UNHA CAIXA CUNHAS PEZAS E UNHAS BOLAS E PEDÍANOS QUE CONSTRUÍRAMOS UN TAJ MAHAL. E COMO NOS SOMOS MOI EMPRENDEDORES PUXÉMONOS MANS Á OBRA.

A PROFE DEUNOS UNHA PEZA A CADA UN PARA QUE PENSARAMOS ONDE A PODÍAMOS POÑER.....

E PUXÉMONOS A PROBAR DIFERENTES MANEIRAS....

 

A

ATA QUE DESCUBRIMOS QUE TIÑAN QUE IR UNHA ENRRIBA DE OUTRAS....

DESPOIS TOCABALLE AS COLUMNAS E AS CÚPULAS.....

TIÑAMOS CLARO QUE O TAJ MAHAL TIÑA UNHA CÚPULA GRANDE NO MEDIO E CATRO PEQUENAS......

PERO AS PEQUENAS NON TIÑAMOS MOI CLARO ONDE HABÍA QUE POÑELAS ATA QUE ALGUÉN DESCUBRIU QUE SE MIRÁBAMOS A FOTO DO TAJ MAHAL IGUAL NOS DABA UNHA PISTA E.......

 

 

CHA CHÁNNNNNN 

AGORA QUE XA TIÑAMOS O EDIFICIO TOCABA O EXTERIOR E PARA ISO PUXEMONOS A FACER O XARDÍN.....

 

NO XARDÍN HAI ÁRBORES QUE CADA UN DE NOS FIXO CON PLASTILINA

E TAMÉN FLORES....

 

 

E DESPOIS DUN GRAN E MOI IMPORTANTE TRABALLO EN EQUIPO O NOSO TAJ MAHAL QUEDOU ASÍ.........

ESPEREMOS QUE VOS GUSTE E XA SABEDES SE QUEREDES SABER MÁIS COUSAS DO TAJ MAHAL NON DUBIDEDES EN PREGUNTARLLE A ESES PEQUENOS ARQUÉOLOGOS, CONSTRUCTORES, INVESTIGADORES, PENSADORES.... E SOBRE TODO NENOS E NENAS QUE TEDES NA CASA.

 

Letras locas

 

 

Mirade a nosa nova forma de aprender a formar palabras. Tivemos moito traballo, primeiro tivemos que seleccionar as fotos por montóns, logo cada un de nos tiña que coller unha letra de cada e metela na bolsa, despois collimos outras poucas de letras e por último o panel de velcros para poder pegálas. Conseguimos facer palabras coa axuda da mestra porque a veces temos tanta tanta fame que nos comemos algunha jajjajaj. 

Dentro de pouco a mestra vainos deixar levalo para a casa para poder poñer algunha palabra. Xa veredes que bonito.

QUE ALTA ESTÁ A PIRÁMIDE DE CHICHEN ITZA.

O outro día descubrimos que a pirámide de Chichen Itza ten 91 peldaños, é dicir 6 veces as escaleiras que temos na escola. O que non imaxinabamos era que costara tanto chegar ata arriba, tiñamos o corazón a cen. Ao final pasámolo tan ben que tivemos que repetílo outro día. Se algún día ides á pirámide de Chichen Itza recordade tomar moita froita antes para poder subir ata arriba de todo.

Distribuir contido