Sedes

Benvidos!!!

Benvidos e benvidas ao curso 2017/2018. Esperamos que esta nova singladura sexa de agrado para todos e para todas e teñamos un ano cargado de ledicia e ilusión.

Este ano viaxaremos a través da máquina do tempo a outras épocas e así poder coñecer os descubrimentos e inventos que repercutiron na historia da humanidade.

De seguro que o imos a pasar moi ben!!!. 

 

MURAL INTERCENTROS

ESTE ANO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS VAN ADICADAS A CARLOS CASARES E DENDE O CRA ELABORAMOS VARIOS MURAIS QUE REPRESENTAN O CONTO A GALIÑA AZUL, ESCRITO POR DITO AUTOR. ESTE FOI O QUE NOS TOCOU. FUMOS Á FEIRA DE ALLARIZ A MERCAR UNHA GALIÑA POIS NON TIÑAMOS NA CASA(NIN NA CLASE). A VER QUE VOS PARECE

.

PRACTICAMOS O SOPLO DE XEITO DIVERTIDO

SOPLAR É MOI IMPORTANTE PARA A NOSA PRONUNCIACIÓN E A COLOCACIÓN DA LINGUA. NOS PRACTICAMOS UNHA MOI DIVERTIDA QUE REPETIMOS MOITAS VECES CANDO TEMOS TEMPO LIBRE. MIRADE QUE GUAI O PASAMOS.

Os Romanos

 

Neste trimestre estivemos aprendendo moitas cousas dos Romanos e que mellor maneira de recordalas que creando a nosa propia carpeta que so con vela xa sabemos o que aprendimos.

O noso castelo dos Romanos  é un castelo moi especial onde puidemos aprender: como se vistian os Romanos, que monumentos máis destacables, que se facía no Coliseo Romano, coñecer as moedas Romanas e de que materiais estaban feitos, os números romanos.....

Espero que vos guste os nosos traballiños pois foron feitos con moito cariño.

 

 

Facendo Roscas

 

Que Meco máis gracioso, o xoves escondeunos todos os ingredientes pola nosa escola. Tivemos que recorrela enteiriña para poder atopar todos para poder facer as roscas. Buscando e buscando iamos atopando.

 

 

 

 

A Fariña

 

O royal

O azucre

  O leite  e os ovos

O aceite  e os limóns

 

 

E cando xa os tiñamos todos puxemonos mans á obra coa receita.

 

 

 

 

 

 

Deixamos levedar a masa e mentras tanto xogamos jajjaj

Despois a darlles forma

 

E como vos reposteiros e reposteiras non hai mellor forma de saber se sairon ben que probandooas, e podemosvos asegurar que poderíamos gañar a vida facendo roscas porque estaban exquisitas.

 

 

Mandatos do Meco

Durante a semana do Antroido o Meco mandounos traer diversas cousas: O luns tiñamos que traer algo que fixera ruído e vaia se o trouxemos, unha orquesta en toda regra.

 

 

O martes se queríamos entoar con certeza traeríamos algo na cabeza e mirade que pasou.

 

 

E o mércores madre mía este meco que é moi perezoso mandounos vir en pixama e como nos gustou.

 

E o xoves deixamos voar a imaxinación e os nosos gustos e convertimonos en diversos personaxes  como podedes ver.

O noso Meco moi particular

O Antroido estase a acercar e a nosa mestra contounos que en Ourense se fai un MECO moi particular e que despois os xoves de comadre e o xoves de compadres os nenos e nenas saen á praza a arrebatarlles o meco aos demais. Nos fixemos con moito esforzo o noso meco persoal, decorámolo con papeis de cores, pegatinas, pintura, lá .... e por último puxemoslle nome. Logo fixemos outro Meco de xornal para poder xogar a arrebatarllelo aos demais e poñelo a salvo. Gustounos moito este xogo. Mirade que fermosos nos quedaron.

 

 

CARREIRA DE CABALOS

 

Ao investigar cousas dos romanos decatamonos que lles gustaba moito pasar o seu tempo libre facendo carreiras de cabalos. Gustounos moito a idea asi que a profe trouxonos uns cabalos moi artesanales cos que puidemos botar unhas risas. Mirade que ben o pasamos.

 

Distribuir contido