Sedes

25 DE NOVEMBRO. VERBAS CONTRA A VIOLENCIA

25 DE NOVEMBRO. VERBAS POLA IGUALDADE

As nosas actividades para esta data tiveron por eixo as palabras bonitas. Todas esas palabras fermosas que os vosos fillos e fillas coñecen e que curan cando son ditas e escoitadas.
Falamos da importancia de rechazar a violencia veña de onde veña, con xestos ou con palabras. Identificamos o que é violencia, o que nos fai sentir mal e o ben que senta escoitar palabras que nos fan sentir importantes. 

Porque todas e todos somos especiais, importantes e imprescindibles no grupo de Sedes, pero tamén na sociedade onde vivimos

Desfrutade o video.

.

O MAGOSTO

Xa tedes a vosa disposición o video do Magosto. Clicade na imaxe!

 

.

O Samaín chega á Escola de Sedes

Premendo na imaxe tedes a presentación das actividades que desenvolvimos ao longo da semana de Samaín.

Como nos gustou esta semana, xa nos tarda a seguinte festa para pasalo así de ben de novo!!!

Comezan os nenos e nenas de 3 e xa somos 13!

No seguinte enlace podedes coñecer aos nenos e nenas de 3 anos que dende este curso pasan a formar parte da nosa Escola. BENVID@S

OS PRIMEIROS DÍAS

Comezamos a mostrar os traballiños do cole na nosa aula virtual. 

Xa podedes acceder ao primeiro vídeo premendo na foto.

 

CARNAVAL, CARNAVAL.....

E CHEGOU O ANTROIDO E CON EL OS MANDADIÑOS DO MECO:

SE O MARTES AO MECO QUERES CONTENTAR CUN SOMBREIRO OU GARABATA TES QUE CHEGAR

SE O MERCORES TE QUERES DIVERTIR, CUNHA PRENDA DO REVES TES QUE VIR

E, SE O XOVES QUERES DURMIR, CUN PIXAMA TES QUE VIR.

Chega o Nadal!!!

Chegou o Nadal e queremos compartir con vos a ilusión e ledicia destos días... Estivemos decorando a nosa árbore, esperamos que vos guste...FELICES FESTAS!!

 

 

 

                 

E POR FIN....

INAUGURAMOS A NOSA MÁQUINA... E SABEDES QUE? VIMOS QUE NA PREHISTORIA DESCUBREUSE O LUME... AINDA QUE NOS NON FOMOS CAPACES DE FACELO POR MAIS QUE O INTENTAMOS.

 

MAQUINA DO TEMPO

A nosa mascota Bufiña deixounos unha carta e unhas cousas que non sabíamos moi ben para que eran... despois de moito pensar decidimos que con esas cousas podíamos construir unha MAQUINA DO TEMPO, para poder viaxar a través do tempo a distintas épocas para ver os descubrimentos e inventos que repercutiron na historia da humanidade...

Pois ben.... comenzamos a construir moi ilusionados a nosa máquina:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

E TACHÁN ... ESTE FOI O RESULTADO FINAL:

maquinamaquina

SAMAÍN

 E chegou o Samaín... UUU!!! QUE MEDO!! Todos os papis e mamis e incluso os taxistas se asustaron cos nosos disfraces.... Non era para menos. 

Distribuir contido