GRAZAS FAMILIAS!

Grazas a todas as familias que viñestes polas escolas para contarnos un conto! O alumnado disfrutou moito desta actividade así como tamén foi de gran acollida entre as nais e pais das escolas. Moitas grazas por participar!

AS FAMILIAS CONTAN! de Vanesa Carballo Leal

CONTO " O GRAN SOÑO OLÍMPICO" ESCOLA DE FRANCELOS

O alumnado de primaria ilustra e narra o conto dos valores olímpicos que a xoaniña elexiu para eles!

O GRAN SOÑO OLÍMPICO de Vanesa Carballo Leal

A ILLA DOS VALORES OÍMPICOS

Conto da escola de San Paio creado con intelixencia artificial, ilustrado polos nenos e nenas da escola en traballo en equipo e narrado por Carlos e Martiño, o noso alumnado de Educación Primaria.

A ILLA DOS VALORES OLÍMPICOS de Vanesa Carballo Leal

FORMACION DO PROFESORADO: APRENDIZAXE BASADO NO XOGO

Recibimos unha pequena formación de xogos de mesa que se adaptan as necesidades e características do noso alumnado. Dentro do Pfpp da biblioteca queremos aprender a empregar estes xogos nas nosas actividades didácticas fomentando e conseguindo no noso alumnado aprendizaxes de forma máis lúdica, que fomentan a súa motivación, ademais de todos os beneficios que conleva o feito de aprender xogando, un recurso fundamental para os nenos e nenas destas idades.

XOGAMOS! de Vanesa Carballo Leal