POLO NADAL UN DOMINÓ MEDIEVAL

DESPOIS DE FACER O BOOK DA SOCIEDADE MEDIEVAL COAS SÚAS PROPIAS FOTOS, DECIDIMOS CREAR COAS MESMAS UN DOMINÓ PARA CADA ALUMN@ PARA XOGAR COAS FAMILIAS NO NADAL. CREAMOS OS NOSOS PROPIOS AGASALLOS E CONCIENCIAMOS SOBRE O XÉNERO NOS XOGOS E XOGUETES PROMOVENDO A IGUALDADE, A REDUCCIÓN DO CONSUMO E A CREATIVIDADE.

DOMINO MEDIEVAL de Vanesa Carballo Leal

CONVIVENCIA NADAL: UNHA MARATÓN DE XOGOS DE MESA

Na convivencia do mes de decembro fixemos unha maratón de xogos de mesa na Biblioteca do Cra. Compartimos cos compañeiros e compañeiras das outras escolas vivencias, risas, amizades e xogamos moito. Logo merendamos brochetas de froita e tamén fixemos unha chocolatada á que convidamos ás nosas familias. Visitounos o apalpador e rematamos o día cun concerto da Orquestra Pantasma. Non podíamos despedir o trimestre mellor!

maratón de xogos de mesa 

CONCERTO COA ORQUESTRA PANTASMA

ORQUESTRA PANTASMA de Vanesa Carballo Leal

GUÍA DE RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL.

Coma tódolos cursos, elaboramos xunto cos equipo do CEIP de Cenlle unha guía de recomendacións sobre contos e libros para entregar ao alumnado cos boletíns. Ademais este curso incluímos tamen xogos de mesas seleccionados por idades e seguimos recomendando tamen algun fondo para as familias.

MUSEO MEDIEVAL SOBRE A ALIMENTACIÓN NA IDADE MEDIA.

Museo medieval 

Expuxemos esta información que recollemos tralas nosas investigacións o día do Banquete Medieval para ensinar as nosas familias. Nas rodas informativas temos as características da nosa alimentación actual que como ben sabemos xa, nada ten que ver coa da época da idade media.

Na escola de San Cristovo este trimestre levaron a cabo un OBRADOIRO DE OURIVERÍA coas familias. Deixamos un vídeo a modo de resumo para que vexades as técnicas que se empregaban na idade media e o ben que os pasaron tanto os cativos como as súas familias.

obradoiro ouveria san cristovo 

A SOCIEDADE MEDIEVAL.

Creamos un book coas súas propias fotos para traballar cómo eran as persoas que vivían na Idade Media. O libro empregámolo como fonte de información pero tamén para xogar e manipular e suscita gran interese nos nenos ao ver as súas fotos e as dos compañeiros.

book sociedade na idade media de Vanesa Carballo Leal

25 N: " SE NO MEDIEVAL NON QUERES QUEDAR, CAMBIAR A HISTORIA ESTÁ NA TÚA MAN"

Dentro das actividades do noso PDI, sobre a Idade Media, elaboramos estas plumas con materiais naturais con seus tinteiros e levámolas polos establecementos da vila para agasallar e concienciar aos nosos veciños que xa vai sendo horas de cambiar a historia, de que non nós gusta a violencia e que chegou o momento de escribir outros modos de relacións entre as persoas onde prime o respeto, a igualdade e a liberdade.

25 DE NOVEMBRO SAÍDA POLA VILA de Vanesa Carballo Leal

Vídeo resumo da xornada.

 
 
 
Ver esta publicación en Instagram

Una publicación compartida de Educación (@cra.amencer)