CURSO DE FORMACIÓN. BIBLIOTECA CREATIVA NO CRA.

Participamos nun curso de formación da man do CFR de Ourense. Con este curso, Loli, ensinounos a traballar coa plastilina conductora e outros experimentos moi interesantes para levar a cabo nas aulas de infantil e primaria. Grazas Loli por vir a bibliocra da Xoaniña Rosalía. Deixamos un vídeo no que plasmamos algunhas das actividades que fixemos.

biblioteca creativa de Vanesa Carballo Leal

pincha para ver A XOANIÑA CON LUCES.

LUDOCRA DA XOANIÑA ROSALÍA

Este curso, dentro da biblioteca inclusiva, estreamos a LUDOCRA, unha ludoteca que a xoaniña mercou para nós. Está composta por unha selección de xogos para infantil, outros para primaria, que iremos rotando polas aulas das tres escolas e tamen por unha ludoteca familiar que quedará da biblioteca da Sede. A partir de agora, incluiremos como actividade unha mochila viaxeira de xogos, para que ademais de disfrutar na escola podamos levalos para á casa. Valoramos a importancia e os aprendizaxes educativos, cooperativos e en equipo que se aprenden a través do xogo.

Deixamos un vídeo con algúns dos momentos vividos nas diferentes aulas este curso.

ludocra da xoaniña rosalía de Vanesa Carballo Leal

A VACINA DA PAZ

Nas escolas do CRA este curso para celebrar o día da PAZ, creamos unhas vacinas moi orixinais. Cada escola, falou sobre os violentovirus, debuxáronos e puxéronlle un nome. Unha vez temos o virus, os científicos e científicas do CRA analizan os compoñentes que deben ter as vacinas para acabar con cada un dos virus. Unha vez creada, informamos as nosas familias da Campaña de vacinación, administramos a vacina e dámoslle unha tarxeta cun código QR, que poden descargar para ter o certificado de vacinación. Foi unha actividade que motivou moito ao alumnado e a campaña de vacinación foi todo un éxito, participación do cen por cento da comunidade educativa.

PREME NO PDF para ver os compoñentes das VACINAS.

Entre todas as escolas fixemos un MANIFESTO POLA PAZ. 

 

AdxuntoTamaño
vacinas compoñentes.pdf5.76 MB
MANIFESTO POLA PAZ FINAL.pdf594.37 KB

DÍA DA ÁRBORE

 PREME NA IMAXE PARA VER O VIDEO.

ACTIVIDADES PARA CONMEMORAR O 8 DE MARZO.

Para celebrar o Día da muller, como non podía ser doutro xeito, fixemos uns óscars de cine para agasallar a esas mulleres valentes e fortes que temos ao noso arredor. Cada nen@ elexiu a quén lle quería dar ese premio. Deixamos este pequeno video para que vexades o bonitiñas que nos quedaron.

 

 E así de bonitas quedaron os oscars para agasallar as mulleres da escola de San Cristovo.

 Tamén elaboramos con material de refugallo un adorno moi especial que levamos polos establecementos da vila para agasallar a tódalas mulleres que coidan das súas tendas, negocios e establecementos para que saiban que valoramos todo o seu esforzo e traballo. Aprendemos facendo e poñemos a nosa aprendizaxe ao servizo da comunidade que nos rodea. 

 

DÍA DO AMOR E DA AMIZADE.

Na escola somos un gran equipo non so polo traballo que facemos senon tamen porque non coidamos, nos axudamos e nos queremos moito. Por iso despois de contar o conto " Amigos", fixemos unhas caixiñas con material reciclado, gardamos dentro algo importante para nós, decorámolas con elementos naturais e eleximos a un ami@ para agasallal@ e decirlle o moito co queremos cunha aperta ben grande! Ogallá estes vínculos duren para sempre!

Diseño de Vanesa Carballo Leal

TERMÓMETRO DAS EMOCIÓNS

E falando de termómetros decidimos crear o das emocións, así cada un pode colocar cómo se sinte ó longo da xornada. Ista actividade axúdanos a expresar os nosos estados de ánimo, qué nos fai sentir ben ou mal, coñecer as emocións básicas e saber identificalas. Traballamos os conflictos a través do termómetro e así poden comprender cómo se sinte o compañeir@ segundo os comportamentos ou actuacións propias. 

termómetro das emocións de Vanesa Carballo Leal