Skip to Content

Recomendámosche

Terceira emisión da Radio Xoaniña Rosalía

Aqui vos traemos a 3ª emisión da nosa radio Xoaniña Rosalía. Desta vez feita polos nenos da escola de San Paio, un programa moi divertido. Agardamos que vos guste!!

 

                          

 

Segunda emisión da nosa radio Xoaniña Rosalía

Aquí tedes a segunda emisión da nosa radio Xoaniña Rosalía. Desta volta os nenos da escola de San Cristovo téñennos preparado un programa moi curriño! Esperamos que vos guste!

CONTOS PARA O NADAL

 No CRA Amencer disfrutamos cos contos de nadal e tamén recomendámoslles aos pais/nais cunha guía de nadal contos  para que @s nen@s lle pidan os Reis Magos como agasallo.

 

 

POSTER DIXITAL DE LEANDRO LAMAS

Neste poster dixital podedes ver algúns dos traballos realizados sobre o pintor e ilustrador Leandro Lamas que estamos traballando neste trimestre. Os alumnos reproduciron algúns dos seus cadros e tamén recitaron a  poesía "Pinto o mundo de cores",do libro Poemas con piruleta,  que ilustrou este autor.

ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO, PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL

Dende o noso blog querémoslle dar a noraboa ao poeta Antonio García Teixeiro polo seu Premio Nacional da Literatura Infantil e Xuvenil na sua edición 2017, pola súa obra Poemar o mar escrita na nosa lingua.

Alegrámonos moito e dámoslle as grazas por escribir unha poesía sinxela que gusta tanto aos nosos rapaces.

  

BENVIDOS AO CURSO 2017-18

Xa está lista a nosa biblioteca de San Paio e os nosos espacios lectores das escolas de Francelos, San Cristovo e San Paio para disfrutar de elas.

Este curso traballaremos o lema das Bibliotecas escolares de Galicia: Aprender a pensar coa biblioteca escolar.

A RECICLAXE E O TERRITORIO DAS ARTES

 

Dende a Biblioteca escolar este trimestre propuxemos unha actividade de reciclaxe de papel para poder traballar o Territorio das Artes, campaña deste curso 2016/17.

Como podedes ver nas fotografías intentamos reflexar a producción artística dos nosos rapaces traballando a poetas galegos coma Antonio García Teijeiro, a escritores da nosa terra como o homenaxeado este ano nas letras galegas, o xenial Carlos Casares ; e a pintura dun grande, Picasso xa que se cumplen 80 anos da primeira exposición do Guernica. Estudiamos os distintos períodos do pintor e quedámonos coa súa intensidade de expresión, a sinxeleza das súas formas xeométricas e a súa forza nas súas cores.

 Pica na imaxe para ver máis

 

EDUCACIÓN ARTÍSTICA

Dende a área de Música, como este ano é o ano das artes, e a música é unha delas, traballouse o noso proxecto da reciclaxe.

 

 

RESUMO ACTIVIDADES DAS LETRAS GALEGAS

Na seguinte presentación podedes ver as actividades que fixeron nas tres escolas durante a semana das Letras Galegas

Tamén fixemos un cartaz colaborativo entre os alumn@s das tres escolas

LETRAS GALEGAS 2017

Programación da Semana Cultural das Letras Galegas

  • Desenvolverase do 15 ao 19 de maio de 2017.
  • 15 maio: Contacontos ilustrado e obradoiro de ilustración con Anxo Fariña.
  • Este ano está adicada a CARLOS CASARES.
  • Actividades previstas:
  • Unidades didácticas (E.I. e E.P.) para coñecer a vida e obra deste autor.
  • LIMS para E.I. e E.P. sobre este autor.
  • Audicións de música galega: "Xiqui Xoque, Fiú Fiú" de María Fumaça, "Na punta do pé" de Pesdelán e "Brinca Vai" de Paco Nogueiras.
  • Entrega de chapas de Carlos Casares.

 Actividades en liña do Seminario Galán

 

 PRIMAVERA DAS LETRAS

Distribuir contido


by Dr. Radut