Skip to Content

Escola de San Cristovo

Feliz verán!

Desexámosvos unhas moi felices vacacións de verán! Esperamos que este curso cumplira as vosas expectativas!

Aniversario de Kevin

O cumple de Kevin é en xullo, pero non quixo perder a festa cos seus compañeiros no cole, e celebrámolo así, entre outras cousas, bailando o Swish, swish!

Aniversarios de maio

No mes de maio celebramos tres aniversarios: o de Nuria, o de Emma e o de Xiana. Parabéns para as tres!

Algúns traballos do terceiro trimestre

Durante este terceiro trimestre traballamos un montón a pesca e fixemos algunhas manualidades. Tamén plantamos fabas e xeranios. Aquí vos deixamos algunha foto:

Os nosos libros favoritos

Polo mes de abril, mes dos libros, cada un elexiu un dos seus libros preferidos, e con eles e un retrato fixemos esta bonita decoración para a aula.

Aniversarios de abril

Rubén e Mauro estiveron de aniversario neste pasado mes de abril. Parabéns ós dous!

Algúns traballos do segundo trimestre

Aquí vos deixamos algúns dos traballos que fixeron os nenos e nenas de primaria durante o segundo trimestre. 

Boas vacacións!

Así rematamos o segundo trimestre! As nosas profes axudáronnos a preparar as bolsas para o material e as orellas de coello que levamos para a casa. 

Esperámosvos o martes día 3 de abril coas pilas moi cargadas!!

Gravamos o noso programa de radio!

Este último día de clase antes das vacacións de Semana Santa, gravamos o noso programa de radio, que poderedes escoitar editado moi pronto. Foi unha experiencia moi divertida!

Aniversario de marzo

Este mes de marzo foi o aniversario de Gabriel. Agasallounos a cada un cun libro de pasatempos moi chulo! Que ben o pasamos! Parabéns!

Distribuir contido


by Dr. Radut