Skip to Content

Actividades

XABIER P. DOCAMPO

Durante o mes de novembro estivemos traballando arredor da figura de Xabier P. DoCampo, polo seu recente falecemento.

Estes son algúns dos traballos que fixeron:

Historia dunha pinga de auga

De cores e de amores

Nube de neve

O home que inventou unha maneira de andar

ARTUR E CLEMENTINA

Na escola de San Paio traballaron co conto de Artur e Clementina no Día Internacional contra a violencia de xénero.

MAGOSTO 2018

O venres 9 de novembro celebramos o magosto na escola de San Cristovo. Primeiro tivemos un obradoiro de percusión con materiais de refugallo, despois fixemos unhas cestas para levar as castañas, xogamos cos peóns e xantamos bolos preñados. Pasámolo moi ben.

El esqueleto coqueto

Na escola de San Paio, entre os contos que traballaron durante o Samaín, o que máis lles gustou foi o do "ESQUELETO COQUETO". Non o coñecían e gustoulles porque lles axudou a recordar partes do corpo que xa sabían. Tamén traballaron as emocións vivenciando os sentimentos do esqueleto (alegría, tristura, enfado, sorpresa,...).

ABEL

Abel trouxo o seu libro preferido da casa e quixo ensinarllo aos seus compañeiros de San Cristovo.

Ademais tamén lles cantou unha canción

Coordinación de actividades complementarias e extraescolares, listaxe de actividades

O MAGOSTO

En Novembro na escola de San Cristovo, "Magosto", circuito de  xogos populares, talleres, fogata e chourizos.

FESTIVAL DE NADAL

21 de Decembro na Casa da Cultura de Ribadavia. "Festival de Nadal" e Chocolatada (Colabora a ANPA).

O ENTROIDO

En Febreiro "Festa de Entroido", pasarrúas por Francelos e na Fontiña Mariña, degustación de postres típicos.

VIAXE FIN DE CURSO

Excursión ao Museo Etnográfico "Casa do Patrón" en Lalín

 TEATRO

Actividades da obra social de Abanca, no Auditorio de Ourense. Casa da Cultura de Ribadavia.

REMATE DE CURSO

Convivencia coas familias na escola de San Paio. Haberá sorpresa,colabora a ANPA.

Distribuir contido


by Dr. Radut