PROXECTO ANUAL: UN CRA DE CINE

Nas tres escolas do CRA traballamos ao longo do curso un proxecto sobre o CINE. Foi un proxecto ambicioso pero que resultou crear un gran interese e motivación no noso alumnado. Levamos a cabo unha chea de actividades coordinadas e globalizadas que nos axudaron a traballar as competencias básicas e favoreceron os procesos de ensinaza aprendizaxe. 

Desenvolvemos o proxecto en tres fases: motivación, búsqueda e tratamento da información e comunicación do aprendido mediante a creación, produción e edición propia dunha curtametraxe.

Na seguinte presentación queda recollida a PROPOSTA PEDAGÓXICA onde se recollen os obxectivos xerais do proxecto, a organización das actividades, metodoloxía empregada e avaliación.

PROXECTO CINE de Vanesa Carballo Leal

CURTAMETRAXE SALVAR A CARBALLEIRA DA ESCOLA DE SAN PAIO

Camiñata Ribeira Sacra

O luns 2 de maio realizamos unha saída polo entorno da Ribeira Sacra. Puidemos disfrutar da natureza facendo unha andaina e visitando varios lugares destacando o Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. Actividade física e visitas tiurísticas case sempre van unidas. Super divertido!

Preme na imaxe para ver galería

Orientación

O mércores 12 de maio participamos nunha xornada de orientación co alumnado de 1º e 2º curso. Pasárono de marabilla!

Preme na foto para ver a galería.

Campo a Través Provincial

Un alumno e unha alumna clasificáronse para o campionato provincial de campo a través na modalidade do Xogade. Esta proba realizouse o domingo 13 de febreiro. A pesar da chuvia pasaron un rato entretido facendo actividade física. Parabéns!!

 

Campo a Través Comarcal

O 26 de novembro celebramos o campionato comarcal de Campo a Través dentro da modalidade do Xogade. O alumnado deuno todo e pasou unha mañá diferente practicando deporte e relacionándose co alumnado de outros colexios. Pasárono xenial!

 Preme na imaxe para ver a galería.

DÍA DA ÁRBORE

Etiquetas :

 PREME NA IMAXE PARA VER O VIDEO.


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design