EXPOSICIÓN DE CABAZAS 2018

Etiquetas :

Do 29 ao 31 de outubro tivemos unha exposición de cabazas nas escolas do CRA Amencer. O mércores 31 levámolas a Praza de Abastos de Ribadavia para colaborar coa organización da Noite Meiga  e estarán ata o domingo 4 de novembro.

Nas seguintes fotos podedes ver as cabazas que trouxeron os nos@s alumn@s.

                                          ESCOLA DE FRANCELOS

                                                   ESCOLA DE SAN CRISTOVO

                                                       ESCOLA DE SAN PAIO

                                   EXPOSICIÓN NA PRAZA DE ABASTOS DE RIBADAVIA

VISITA Á VIÑA COSTEIRA

Etiquetas :

O mércores 24 de outubro fixemos unha visita a adega VIÑA COSTEIRA. Fixemos un percorrido polas instalacións da adega coñecendo os procesos de elaboración dos seus viños e licores. Tamén nos proxectaron un documental sobre a vendima e ata tivemos unha cata de mosto. E para rematar tamén nos deron unha actividade para colorear.

Foi unha mañá diferente na que o pasamos moi ben e dende aquí dar as grazas a todo o persoal da adega.

 

BENVID@S AO NOVO CURSO 2018-19

Etiquetas :

BENVID@S AO NOVO CURSO 2018-19

Alumnado e mestres na escola de San Paio

Alumnado e mestras na escola de San Cristovo

Alumnado e mestras na escola de Francelos

COMO PESCAS TI O GALEGO?

Etiquetas :

Os reporteiros do CRA AMENCER entrevistaron ás súas familias

FESTA FIN DE CURSO 2017/18

Etiquetas :

O xoves 21 de xuño celebramos a festa de fin de curso na escola de San Paio. Xuntámonos as tres escolas para celebrar a graduación d@s alumn@s de 2º de primaria, a entrega dos diplomas de lectura (Ranopla) a tod@s @s alumn@s de primaria, a exposición dos cadros feitos pol@s nen@s que asisten a clase extraescolar de pintura con Rocío e a entrega dun agasallo a Modesto, que nos fixo de guía no percorrido polos ríos da comarca.

A ANPA encargouse de organizar os hinchables para @s nen@s e do xantar.

EXCURSIÓN A CASA DO PATRÓN EN LALÍN

O 14 de xuño fomos de excursión a Casa do Patrón a Lalín co CEIP de Punxín. Alí visitamos un museo etnógrafico onde @s nen@s aprenderon moitas cousas de como vivían os seus antepasados (como eran as escolas de antes,  as máquimas de escribir, as cámaras de fotos, os gramófonos, onde se cortaban o pelo, os utensilios de pesca, os aparellos da matanza ect. Tamén fixeron obradoiros de queixo e de barro. Foi un día no que desfrutamos moito.

CONVIVENCIA CO CEIP CARMEN GARCÍA CARRASCO DE CENLLE

Etiquetas :

O mércores 16 de maio celebramos unha convivencia co CEIP Carmen García Carrasco de Cenlle para celebrar a festa das Letras Galegas.

Primeiro fixéronnos unha benvida @s alumn@s de 6º de primaria e despois tivemos un obradoiro de debuxos con Pepe Carreiro, ilustrador dos Bolechas. Tamén lles deixou un mural precioso no cole.

Despois participaron todos mesturados nunha ximcana de xogos variados que estaban relacionados con aspectos da vida e a obra de María Victoria Moreno.

E para rematar, tamén nos invitaron a xantar con eles.

 

CONCERTO DIDÁCTICO

Etiquetas :

O martes 15 de maio fomos á Casa da Cultura de Ribadavia para asistir a un Concerto didáctico dos alumnos e mestres do Conservatorio de Música. Foi un espectáculo precioso no que viaxamos na máquina do tempo e escoitamos música da prehistoria, da época medieval, do barroco, da época clásica, swing, jazz, rock and roll e tamén música do século XXI.

PROXECTO PESCA

Etiquetas :

Este curso o noso Proxecto Documental Integrado xirou en torno A PESCA. No seguinte video podedes ver un resumo dunha saída que fixemos para coñecer a pesca nos ríos do noso entorno. Esperamos que vos guste.

 

Tamén fixemos un libro de receitas relacionadas co peixe

 

 

MULTIXOGO

Etiquetas :

O martes 8 de maio, @s alumn@s de primaria foron ao Pavillón de Ribadavia a realizar distintas actividades deportivas con outros centros escolares da comarca.

No seguinte video podedes ver o ben que o pasaron.


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design