PROXECTO ANUAL: UN CRA DE CINE

Nas tres escolas do CRA traballamos ao longo do curso un proxecto sobre o CINE. Foi un proxecto ambicioso pero que resultou crear un gran interese e motivación no noso alumnado. Levamos a cabo unha chea de actividades coordinadas e globalizadas que nos axudaron a traballar as competencias básicas e favoreceron os procesos de ensinaza aprendizaxe. 

Desenvolvemos o proxecto en tres fases: motivación, búsqueda e tratamento da información e comunicación do aprendido mediante a creación, produción e edición propia dunha curtametraxe.

Na seguinte presentación queda recollida a PROPOSTA PEDAGÓXICA onde se recollen os obxectivos xerais do proxecto, a organización das actividades, metodoloxía empregada e avaliación.

PROXECTO CINE de Vanesa Carballo Leal

CURTAMETRAXE SALVAR A CARBALLEIRA DA ESCOLA DE SAN PAIO