Maio 2023

MERCADILLO MEDIEVAL SOLIDARIO NO CRA AMENCER

Despois dun curso de moito traballo onde o alumnado se implicou arreo nas actividades poidemos disfrutar do noso mercadillo medieval solidario. Todo esforzo ten a súa recompensa, chega con verlle as súas cariñas de ledicia, comprometidos e responsables, cada cal coa función que tiña encomendada. Toda a comunidade educativa do CRA AMENCER hoxe está de noraboa! Grazas a todos @s que nos visitastes, alumnado do CEIP de Ribadavia, autoridades do Concello, da Consellería, aos nosos veciños e veciñas, FAMILIAS e sobre todo grazas a eles: os nenos e nenas do CRA Amencer por ser valentes, solidarios, comprometidos e porque xuntos facemos un gran equipo.

CHEGOU O GRAN DÍA de Vanesa Carballo Leal

PREPARAMOS O MERCADILLO MEDIEVAL SOLIDARIO DO CRA AMENCER de Vanesa Carballo Leal

OS POSTOS de Vanesa Carballo Leal