O alumnado do CRA coa axuda da profe de música, Tania, fixo este vídeo tan bonito para despedir aos nosos profes da @generación docentes, Martí e Nerea. Moitas grazas por compartir e axudarnos tanto durante estes meses. As escolas rurais do CRA Amencer sempre serán as vosas escolas, que teñades moita sorte no futuro e sobre todo desexamos de todo corazón que sexades moi moi felices!
5 de xuño DÍA DO MEDIO AMBIENTE
Na escola de San Paio investigamos as nosas huellas dactilares, observamos e comparamos. Logo relacionando cos ODS recortamos accións que debemos levar a cabo para coidar o medio ambiente e así fixemos unha infografía que titulamos " Reduce a túa pegada ecolóxica"
5 de xuño DÍA DO MEDIO AMBIENTE
Na escola de San Paio investigamos as nosas huellas dactilares, observamos e comparamos. Logo relacionando cos ODS recortamos accións que debemos levar a cabo para coidar o medio ambiente e así fixemos unha infografía que titulamos " Reduce a túa pegada ecolóxica"
Despois dun curso de moito traballo onde o alumnado se implicou arreo nas actividades poidemos disfrutar do noso mercadillo medieval solidario. Todo esforzo ten a súa recompensa, chega con verlle as súas cariñas de ledicia, comprometidos e responsables, cada cal coa función que tiña encomendada. Toda a comunidade educativa do CRA AMENCER hoxe está de noraboa! Grazas a todos @s que nos visitastes, alumnado do CEIP de Ribadavia, autoridades do Concello, da Consellería, aos nosos veciños e veciñas, FAMILIAS e sobre todo grazas a eles: os nenos e nenas do CRA Amencer por ser valentes, solidarios, comprometidos e porque xuntos facemos un gran equipo.
CHEGOU O GRAN DÍA de Vanesa Carballo Leal
PREPARAMOS O MERCADILLO MEDIEVAL SOLIDARIO DO CRA AMENCER de Vanesa Carballo Leal
OS POSTOS de Vanesa Carballo Leal
CONTO: " TEÑO DUAS CASAS" de Vanesa Carballo Leal