NADAL NA BIBLIO

Comenzamos os retos do calendario de adviento. A primeira actividade que nos propón é decorar a biblioteca e a escola así que .... mans á obra!

NADAL NA BIBLIO de Vanesa Carballo Leal

CONTAMOS E CANTAMOS O CONTO POLINA

Para conmemorar o día dos contos con música chegou a nosa biblioteca o conto Polina que a editorial OQO nos fixo chegar como agasallo pola nosa exposición artística dos contos de Samaín. Aproveitamos a convivencia das tres escolas na casa da cultura de Ribadavia para cantar este conto que nos gustou tanto!. 

CONTOS CON MUSICA POLINA de Vanesa Carballo Leal

PARAOLIMPIADAS NO CRA

Despois da visita de Jose Manuel fixemos as nosas propias paraolimpiadas. Entrenamos moito no tiro de jabalina en cadeira, salto de lonxitude cunha perna, a petanca,... e xogamos nunha xornada de convivencia que foi moi divertida. Ademais decoramos as medallas que levamos para casa.

PARAOLIMPIADAS NO CRA AMENCER de Vanesa Carballo Leal

VISÍTANOS JOSÉ MANUEL PRADO !

Neste día tan especial, recibimos a visita de José Manuel Prada, ex paralímpico de boccia. Queremos agradecer a José Manuel a súa emoción, ledicia e aprendizaxes que nos transmitiu. O noso alumnado tamén emocionado de recibirte non te vai esquecer. Grazas José Manuel por ensinarnos que todo con esforzo é posible!

VISITA DO EX PARALIMPICO DE BOCCIA JOSÉ MANUEL PRADA(800 x 800 px) de Vanesa Carballo Leal