MICROPROXECTOS OFICIOS DO MEDIEVO

Seguimos traballando os oficios do medievo tanto en convivencias das tres escolas coma nas propias aulas.

Como producto final do proxecto documental integrado imos facer un MERCADILLO MEDIEVAL SOLIDARIO, onde os alumn@s venderan os productos elaborados por eles mesm@s e onde toda a recaudación se done a Asociación contra o Cancro de Ourense. Convidaremos a toda a comunidade educativa, autoridades do Concello de Ribadavia e da Consellería de educación e por suposto a toda a veciñanza.

A data será na semana das Letras Galegas.

COPIADORES DE SAN PAIO de Vanesa Carballo Leal

ALFAREIROS NO CRA de Vanesa Carballo Leal

CESTEIROS DO CRA de Vanesa Carballo Leal

PERFUMISTAS DE SAN CRISTOVO de Vanesa Carballo Leal

OURIVEIROS DE SAN PAIO. ACTIVIDADES de Vanesa Carballo Leal

" A LENDA DA PRANTA MÁXICA". UN CONTO CON INTELIXENCIA ARTIFICIAL.

Como agradecemento a tódalas familias decidimos crear un conto a partir do Chat GPT e convidámolos a vir a carballeira de San Paio pola tarde para disfrutar todos xuntos deste conto. Nerea e Martí, os nosos alumnos en prácticas da Fundación Princesa Girona prepararon o conto e adaptárono para contalo no kamishibai. Foi unha tarde moi fermosa no que os cativos o pasaron en grande convivindo toda a comunidade educativa nun clima de afecto, diversión e aprendizaxe. Estamos orgullosas desta actividade e da boa acollida que tivo desexando plantexar máis coma ista que fomenta o gusto pola lectura e o disfrute da nosa biblioteca. Grazas a profe Raquel de San Cristovo pola súa axuda, colaboración e por ceder o seu tempo libre á mellorar as actividades da biblioteca.

 

 

A PRANTA MÁXICA. ACTIVIDADES. de Vanesa Carballo Leal

ACTIVIDADES NA SEMANA QUE CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO

Para conmemorar o 23 de abril Día do Libro dende a biblioteca propoñemos actividades coma o convite ás familias para que veñan contar contos polas escolas creando un diploma para cada unha delas, apadriñamento lector entre o alumnado da escola de San Cristovo e a escola de San Paio, levaremos a cabo un concurso de marcapáxinas con duas catergorías infantil e primaria, seleccionaremos os fonfos para traballar nas aulas con material axeitado para que o alumnado de primaria poida lerlle contos aos máis pequenos e agasallamos ás familias cun díptico onde intentamos recoller información sobre a importancia de lerlle contos aos cativos dende idades temperás.

 

SELECCIÓN DÍA DO LIBRO APADRIÑAMENTO LECTOR de Vanesa Carballo Leal

APADRIÑAMENTO LECTOR COS COMPAÑEIR@S DE SAN CRISTOVO de Vanesa Carballo Leal

BOCATAS NA CARBALLEIRA de Vanesa Carballo Leal

COMENZAN A CHEGAR OS MARCAPÁXINAS MEDIEVAIS ÁS ESCOLAS de Vanesa Carballo Leal

GAÑADORES CONCURSO MARCAPÁXINAS de Vanesa Carballo Leal