ANIMACIÓN Á LECTURA

No mes de xaneiro, os nenos da escola de San Cristovo de Primaria, estiveron traballando o conto: Abrázame, de Simona Ciraola, un  álbum ilustrado moi emotivo. O seu protagonista, Felipe naceu nunha familia á que lle gusta ter todo moi ordeado, pero sobre todo non invadir nunca o espacio persoal dos demais. Pero Felipe pensaba que a súa familia se preocupaba por cousas sen importancia e nin sequera se daban abrazos.  Abrázame é un libro cheo de valores para ler, reler e reflexionar. Conta o importante que é o contacto cos seres queridos, e non deixarse levar polos convencionalismos da sociedade.

No mes de febreiro, traballaron o conto: La montaña de libros más alta del mundo, de Rocio Bonilla, un precioso álbum ilustrado que nos transmite a maxia que nos chega a través dos libros e como o amor pola lectura nos leva alá onde queiramos, soamente coa nosa imaxinación.