Decembro 2020

No C.R.A Amencer as pitas poñen sentidiño.

 

Nesta semana estivemos traballando a figura de Ricardo Carvalho Calero, autor homenaxeado polas Letras Galegas deste ano 2020.Fixemos unha interpretación do seu conto "As pitas baixo a choiva" elaborando co noso alumnado unhas pitas con material de refugallo (botella de plástico) que nos sinalan as normas a seguir para evitar a Covid-19, baixo o lema "As pitas poñen sentidiño" Con esta actividade pretendemos que o alumnado coñeza a obra do autor e tamén o coidado da natureza a través da reciclaxe e ademais reforzamos os hábitos axeitados nesta época de pandemia.