CONVIVENCIA POLA VIOLENCIA DE XÉNERO

Para conmemorar este día fixemos unha convivencia entre as tres escolas do CRA reuníndonos na casa da Cultura da Vila. Na primeira parte da xornada contamos e cantamos o conto " Polina" e logo na Praza Maior celebramos o noso acto simbólico contra a violencia de xénero, fixemos unha coreografía diante das nosas familias e do resto da veciñanza que nos acompañaba e lemos o decálogo expresado nos aros olímpicos.

CONVIVENCIA POLA VIOLENCIA DE XÉNERO (800 x 800 px) de Vanesa Carballo Leal

ANTORCHAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O noso alumnado preparou as antorchas olímpicas contra a violencia de xénero. Co lema " Antorchas olímpicas do CRA Amencer para que a violencia de xénero deixemos de ver" queremos concienciar a nosa comunidade educatica sobre o respeto, comprensión, axuda e igualdade entre tódalas persoas independentemente do sexo.

Diseño de Vanesa Carballo Leal

METODO CIENTÍFICO: ONDE SE AGOCHA O AZUCRE NOS ALIMENTOS?

Celebramos o Día Mundial da Diabete levando a cabo varias actividades de concienciación e visibilidade desta enfermidade que padece unha das nosas alumnas. A través do método científico investigamos sobre o azucre que se agocha nos alimentos facendo unha exposición para as familias. Tamén experimentamos que pasa cando tes diabetes e por qué é necesario inxectar a insulina. Fhotocall, acto simbólico con candeas azuis, agasallo " medramos xuntos",... Foi unha semana de moito traballo pero na que estivemos máis unidos ca nunca!

NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Co gallo da ciencia en galego nas bibliotecas escolares, durante o mes de novembro levaremos propostas científicas nas aulas. Para comenzar deixamos un pequeno vídeo con algúns dos fondos que temos na nosa biblio e que nos poden axudar a programar ditas actividades.

BIBLIO CRA XOANIÑA ROSALÍA de Vanesa Carballo Leal

ASÍ CELEBRAMOS NO CRA O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES!

Primeria convivencia do alumnado das tres ecolas do Cra para conmemorar o Día das bibliotecas escolares.

Na primeira parte da mañá tivemos a sorte de disfrutar do contacontos sobre a vida de Ángeles Alvariño, científica galega que estudou e investigou sobre o zooplacton converténdose nunha das primeiras oceanógrafas máis importantes.

Logo de merendar e xogar elaboramos as "LENTES OLÍMPICAS DA LECTURA".

Foi unha xornada apaixoante, puidemos ver a nosa biblioteca, disfrutar dos contos e sobre todo ver, estar e acompañar ao alumnado das outras escolas.

Black and White Sketchy Chalkboard Ideas Brainstorm Session Introduction Video de Vanesa Carballo Leal