CONVIVENCIA POLAS LETRAS GALEGAS

Co gallo das Letras Galegas fixemos unha xornada de CONVIVENCIA, despois de dous anos sen poder xuntarnos. Organizamos a primeira parte da xornada en talleres: Os contos da profe Rebeca na bilioteca; taller de plastilina conductora na aula de infantil e taller de teatro na aula de primaria. Logo saimos a merendar á carballeira e para rematar a xornada SABELA GAGO, veu a contarnos un dos seus contos marabillosos que tanto nos gustan e o ben que o pasamos con ela sempre!