24 FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

Este ano, para celebrar o Día de Rosalía, decidimos traballar o poema "Adiós ríos, adiós fontes". Pincha nas imaxes para acceder aos recursos (en letra minúscula e maiúscula).

 

Dado que este ano está adicado as artes e que na provincia de Ourense hai unha exposición de Pop Art no Marcos Valcárcel, fixemos unhas pegatinas e uns carteis coa técnica do Pop Art, ademais de traballar a imaxe de Rosalía con esa técnica.

Pincha na imaxe para ver os carteis e o recitado do poema, feito polos nosos alumn@s.