DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro foi o día internacional contra a violencia de xénero, e que mellor recurso que un conto para sensibilizar @s nos@s alumn@s sobre a igualdade e o bo entre xéneros.

A partir de contos como: Orellas de bolboreta , Hai algo máis aburrido que ser unha princesa rosa, Até as princesas soltan peidos, ¡Qué fastidio ser princesa!... intentamos desenvolver un pensamento crítico  que permita analizar os estereotipos sexistas.

Aquí vos deixo o reflexo do seu traballo.

No conto ¡Qué fastidio ser princesa!, unha princesa que está farta de selo porque odia levar vestidos longos e as xoias pésanlle moito así que decide marchar de palacio e faise cabaleira, pirata, malabarista, e cando volve o palacio o seu pai acepta que sexa como ela queira.