CONCERTO DIDÁCTICO

Etiquetas :

O martes 15 de maio fomos á Casa da Cultura de Ribadavia para asistir a un Concerto didáctico dos alumnos e mestres do Conservatorio de Música. Foi un espectáculo precioso no que viaxamos na máquina do tempo e escoitamos música da prehistoria, da época medieval, do barroco, da época clásica, swing, jazz, rock and roll e tamén música do século XXI.

PROXECTO PESCA

Etiquetas :

Este curso o noso Proxecto Documental Integrado xirou en torno A PESCA. No seguinte video podedes ver un resumo dunha saída que fixemos para coñecer a pesca nos ríos do noso entorno. Esperamos que vos guste.

 

Tamén fixemos un libro de receitas relacionadas co peixe

 

 

MULTIXOGO

Etiquetas :

O martes 8 de maio, @s alumn@s de primaria foron ao Pavillón de Ribadavia a realizar distintas actividades deportivas con outros centros escolares da comarca.

No seguinte video podedes ver o ben que o pasaron.

XOGANDO CO ATLETISMO

Unha nova cita deportiva, desta volta ó xoves 26 de abril, no Pavillón de Ribadavia.

Achegámonos a disfrutar das diferentes probas do atletismo, na que o principal obxectivo foi divertirse e probar as múltiples disciplinas como  son: salto lonxitude, lanzamento de peso, xabalina, salto de altura e diferentes carreiras de velocidade e relevos.

Aquí vai o vídeo da actividade...

PESCANDO NO AVIA

O venres 20 de abril fixemos unha saída para coñecer distintas artes ou aparellos e embarcacións que se utilizaban na pesca fluvial en Ribadavia.

Acompañáronnos tres expertos: Antonio Míguez (pai dunha alumna da escola de Francelos), Modesto Martínez (un veciño de Francelos) e Álvaro Lorenzo (mestre do CRA).

Todos eles nos contaron un montón de cousas relacionadas coa pesca. Aprendimos qué eran as nasas, as redes, as distintas embarcacións, a cana de pescar, o cebo, ....

Tamén estivemos no Museo Etnolóxico de Ribadavia, onde Modesto lles explicou de maneira moi visual cómo se pescaban os peixes e as anguias.

ANTÓN COMODÓN

O mércores 4 de abril fomos ao Auditorio de Ourense a ver a obra de teatro Antón Comodón.

Antón Comodón, era un neno ao que na súa casa lle facían todo, non facía falta que aprendera nada se el non quería. Cando creceu tiña un axudante, Nicolás, que era o encargado de facelo todo. Pero un día Nicolás pensou que xa tiña bastante diñeiro e foise a vivir ás Illas Verdes…. Antón non sabía vivir sen axuda, nin vestirse, nin abrocharse os zapatos, nin tan sequera comer so a sopa. Así pois decidiu empezar unha longa viaxe en busca de Nicolás, atravesando campos, cidades e lugares descoñecidos para el, como unha granxa e un porto pesqueiro. Durante a viaxe Antón foi aprendendo moitas cousas. Cando por fin chegou ás Illas Verdes e encontrou ao seu axudante deuse conta que aprendera tanto que era capaz de valerse por si mesmo e foi entón cando decidiu quedarse a vivir e botar unha man a Nicolás co seu carriño de xeados, como dous bos amigos.

IV SEMANA ESCOLAR DA ÁRBORE E DA AUGA

Etiquetas :

O xoves 22 de marzo fixemos unha andaina dende a Escola de San Cristovo ata a Veronza, onde plantamos nogueiras e carballos en colaboración co Concello de Ribadavia, que estivo representado por María López Touza, a concelleira de Cultura e Educación.

No seguinte video podedes ver todo o fixeron. Esperamos que vos guste.

A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO

Etiquetas :

O martes 27 de febreiro fomos ao Auditorio de Ourense a ver a representación de "A nena e o grilo nun barquiño" de Magín Blanco.

Despois merendamos na Praza Maior de Ourense e fomos no tren turístico ata as Termas de Outariz.

 

ENTROIDO 2018

Este ano disfrazámonos de peixes e pescadores, debido ao proxecto da PESCA, que desenvolvemos dende a Biblioteca e dende o Equipo de Dinamización da Lingua e Galega . Fixemos un percorrido polas rúas de Francelos, acompañados dos pais e dos avós dos alumn@s do centro.

E rematamos cun xantar na Fontiña Mariña, onde degustamos doces típicos do Entroido.

XA CHEGOU O ENTROIDO

O luns comezamos ca semana do Entroido e como todos os anos, o meco ven cargado de recados para que lle fagamos caso.

 

 

 

Empezamos ca orde do luns: tiñamos que traer algo gracioso na cabeza

A orde do martes mandaba traer algo de fantasía no pescozo

O mércores tiñamos que traer gafas decoradas

O xoves disfraz libre


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design