Skip to Content

Novas

25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Esta é a nosa pequena aportación para conmemorar o 25 DE NOVEMBRO

BRANCANEVES

Na semana do 12 ao 16 de novembro, Raquel vestiuse de Brancaneves e .....

ELMER

Durante este curso escolar, a mestra Raquel, vai contar un conto cada semana aos alumn@s de infantil das tres escolas.

Esta semana (do 5 ao 9 de novembro) tocoulles ELMER

RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR

Segundo a Resolución do 25 de setembro de 2018, conxunta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos público.

No noso centro corresponde renovar un pai/nai designado pola ANPA e un profesor/a.

O prazo para a presentación de candidaturas é do 7 ao 14 de novembro.

Os censos están expostos nas tres escolas. As reclamacións a ditos censos poderanse facer ata o día 21 de novembro en que a Xunta Electoral os elevará a definitivos.

SAMAÍN 2018

Por fin chegou o día do SAMAÍN  e @s nos@s alumn@s viñeron así de guapos ao colexio.

ESCOLA DE SAN PAIO

ESCOLA DE SAN CRISTOVO

ESCOLA DE FRANCELOS

EXPOSICIÓN DE CABAZAS 2018

Do 29 ao 31 de outubro tivemos unha exposición de cabazas nas escolas do CRA Amencer. O mércores 31 levámolas a Praza de Abastos de Ribadavia para colaborar coa organización da Noite Meiga  e estarán ata o domingo 4 de novembro.

Nas seguintes fotos podedes ver as cabazas que trouxeron os nos@s alumn@s.

                                          ESCOLA DE FRANCELOS

                                                   ESCOLA DE SAN CRISTOVO

                                                       ESCOLA DE SAN PAIO

                                   EXPOSICIÓN NA PRAZA DE ABASTOS DE RIBADAVIA

VISITA Á VIÑA COSTEIRA

O mércores 24 de outubro fixemos unha visita a adega VIÑA COSTEIRA. Fixemos un percorrido polas instalacións da adega coñecendo os procesos de elaboración dos seus viños e licores. Tamén nos proxectaron un documental sobre a vendima e ata tivemos unha cata de mosto. E para rematar tamén nos deron unha actividade para colorear.

Foi unha mañá diferente na que o pasamos moi ben e dende aquí dar as grazas a todo o persoal da adega.

 

SAMAÍN 2018

Dende o equipo de biblioteca fixemos unha selección de contos terroríficos para celebrar o Samaín.

Durante a semana do Samaín, a mestra Raquel estivo traballando o conto de CARABUÑAS co alumnado de infantil das tres escolas.

DÍA DAS BIBLIOTECAS

O 24 de outubro, DÍA DAS BIBLIOTECAS, tivemos un contacontos moi especial no colexio.  O mestre Álvaro de música contounos o conto do PAPÓN.

 

BENVID@S AO NOVO CURSO 2018-19

BENVID@S AO NOVO CURSO 2018-19

Alumnado e mestres na escola de San Paio

Alumnado e mestras na escola de San Cristovo

Alumnado e mestras na escola de Francelos

Distribuir contido


by Dr. Radut