Skip to Content

Complementarias

Coordinación de actividades complementarias e extraescolares, listaxe de actividades

O MAGOSTO

En Novembro na escola de San Cristovo, "Magosto", circuito de  xogos populares, talleres, fogata e chourizos.

FESTIVAL DE NADAL

21 de Decembro na Casa da Cultura de Ribadavia. "Festival de Nadal" e Chocolatada (Colabora a ANPA).

O ENTROIDO

En Febreiro "Festa de Entroido", pasarrúas por Francelos e na Fontiña Mariña, degustación de postres típicos.

VIAXE FIN DE CURSO

Excursión ao Museo Etnográfico "Casa do Patrón" en Lalín

 TEATRO

Actividades da obra social de Abanca, no Auditorio de Ourense. Casa da Cultura de Ribadavia.

REMATE DE CURSO

Convivencia coas familias na escola de San Paio. Haberá sorpresa,colabora a ANPA.

FESTIVAL DE NADAL

   Aqui vos deixamos unhas imaxes resumo do festival de nadal, un gran dia no que os rapaces e rapazas fixeron unha gran actuación , os pais e nais disfrutaron dos pequenos e os mestres e mestras fixeron o que puideron para que todo saise o mellor posible. Agradecer a inestimable colaboración do persoal da Casa da Cultura e todos familiares dos rapaces que botaron unha man. Xa temos listo o vídeo de ese dia para que os que non estivéchedes poidades desfrutalo, e para o resto, un bo recordo.

FESTA DO MAGOSTO

 O mércores 15 celebramos en Sanpaio a festa do magosto do Cra Amencer, nunha gran mañá, un pouco fresca, de convivencia dos tres coles.

Fixeronse xógos tradicionais e relacionados coas castañas e o magosto, degustaronse coma non, unhas castañas e uns bolos preñados, e terminouse con unha peli coma punto final a unha gran festa na que tanto alumnos/as coma mestres/as o pasamos en grande.

 

Viaxe a Vigo para a recollida do premio "Ponte nas ondas"

O pasado venres 31 de outubro viaxamos ata Vigo os rapaces de
primaria Francelos e San Cristovo acompañados polos seus mestr@s para
recoller o premio do II Certame de Recolla de Tradición Oral, realizado
o curso pasado co apoio inestimable das familias.
Recibiron o premio en metálico, fixeron unha comida e pasaron unha tarde agradable na praia. Aqui quedan unhas fotos de mostra:

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut