Skip to Content

Novas

PRAZOS DE ESCOLARIZACION 2019-2020

Reserva de praza nos centros adscritos (CEIP Plurilingüe Ribadavia) do 1 ao 15/2 (aa.ii.)
Publicación de normativa e prazas 28/02
Proceso de admisión do 1 ao 20/03 (aa.ii)
Prazo entrega de documentación (só centros que bareman) do 25/03 ao 05 de abril
Exposición de listado provisional de admitidos e non admitidos 24/04
Prazo de reclamación do 25/04 ao 02/05
Exposición de listas definitivas de admitidos e non admitidos 14 de maio
Período de matrícula do 20 ao 30 de xuño
Matrícula en E.I. e E.P.  

MARTES DE ENTROIDO

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2019-20

Segundo a ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, o 1 de marzo, inícianse os trámites do procedemento para a admisión do alumnado.

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS:

  • O prazo para presentación de solicitudes de Admisión de Alumnado para o curso 2019-2020 é do 1 ao 20 de marzo.
  • O alumnado matriculado no centro ten garantida a súa permanencia nel.
  • O alumnado que solicite praza nun centro distinto, deberá comunicar a renuncia a praza do noso centro.
  • A solicitude de praza será única, e terá carácter vinculante. Deberá entregarse no centro que se solicite en primeiro lugar.
  • As solicitudes deberán estar asinadas por ambos proxenitores, sendo este requisito imprescindible no caso de familias separadas ou divorciadas.
  • A solicitude tamén se pode presentar a través da aplicación "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado): solicitudes - admisión - crear solicitude de admisión

  Así mesmo, o alumnado e as familias poderán consultar o estado de tramitación das súas solicitudes a través da aplicación informática "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.es /admisionalumnado) utilizando o código da solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.

Publícanse o formulario de solicitudes e a propia orde:

- Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG)

- Anexo II: Formularios de admisión e matrícula

LUNS DE ENTROIDO

ORDES DO MECO

30 XANEIRO: DÍA DA PAZ

Este ano desprazámonos ata o CEIP de PUNXIN para celebrar o día da PAZ con todos os alumnos e tamén con Marta, a súa mestra.

Primeiro participamos nas Olimpiadas da Paz, tiñamos que pasar por diferentes probas seguindo unhas ordes. Pasámolo xenial. No seguinte video podedes ver todo o que fixemos.

Tamén fixemos un photocall da paz, no que participamos todos.

RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN (CURSO 2019-20)

Segundo a ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, dende o 1 de febreiro, inícianse os trámites do procedemento, coa reserva de praza nun centro de adscrición.

O alumn@ que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición (neste caso, CEIP PLURILINGÜE RIBADAVIA) deberá presentar o ANEXO I no CRA Amencer de Ribadavia antes do 15 de febreiro.

A solicitude tamén se pode presentar a través da aplicación "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado): solicitudes - solicitudes de reserva - crear solicitude de reserva

Así mesmo, o alumnado e as familias poderán consultar o estado de tramitación das súas solicitudes a través da aplicación informática "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) utilizando o código da solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.

Lémbrase tamén que o alumnado que faga esta reserva no centro adscrito, non poderá presentar solicitude de matrícula en calquera outro centro.

 

Publícanse os formularios de solicitudes e a propia orde:

- Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG)

- Anexo I: Reserva de praza

PILABOT

Este ano participamos no Concurso de recollida de pilas e acumuladores en centros educativos PILABOT.

Dende o mes de decembro estivemos recollendo as pilas usadas.

O día 22 de xaneiro veu Ana a darnos unha charla educativa do Concurso Pilabot. Xuntamos a todos os alumnos de primaria na escola de San Cristovo e aprenderon moito sobre a reciclaxe de pilas e acumuladores.

Tamén colorearon os seus pilabots e fixeron as súas fotos creativas para participar no concurso de fotografía artística #Eusonpilabot.

FESTIVAL DE NADAL 2018

O venres 21 de decembro tivemos o Festival de Nadal de 2018 na Casa da Cultura de Ribadavia. Nos seguintes videos podedes ver todas as actuacións do noso alumnado.


 

 

Dende eiquí dar as grazas a toda a comunidade educativa do CRA Amencer, tanto aos mestr@s como a todas as familias e en especial, a todo o alumnado, xa que sen todos vos esto non sería posible.

Darlle as grazas tamén a residencia de maiores de Ribadavia, que quixo compartir connosco unha mañá diferente e viñeron a ver o noso festival de Nadal.

E en especial a todos os empregados da Casa da Cultura de Ribadavia, Fran, Tere, Anita e Bea, pola súa colaboración e dispoñibilidade en todo momento.

E non queremos esquecernos tamén de darlle as grazas a María Lopez Touza, concelleira de Cultura e Educación de Ribadavia.

BO NADAL!!!!!!

AS AVENTURAS DE MARCO POLO

Dentro da campaña de animación á lectura, o xoves 20 de decembro tivemos ao Mago Martin, que nos veu a contar "As aventuras de Marco Polo".

¡Marco Polo foi un auténtico viaxeiro de bigotes! Na súa época non había coches, trens nin avións e viaxar significaba afrontar mil perigos? ¡Pero tamén facer descubrimentos e vivir experiencias marabillosas! Este é o relato da  viaxe que levou a Marco Polo de Venecia á China, á corte dos Señores de Oriente.Da man de Geronimo Stilton percorreredes as etapas desta aventura rumbo ao descubrimento de paisaxes encantados, personaxes misteriosos e animais lexendarios.

Esta actividade fixémola na Sala Infantil da Biblioteca Pública de Ribadavia grazas a Tere.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut