PROVINCIAL, CAMPO A TRAVÉS -3 febreiro 2018-

Aquí vos quedan as fotos do campionato provincial de campo a través celebrado o pasado 3 de febreiro no complexo deportivo de Monterrei, pertencente ao Concello de Pereiro de Aguiar, no que participou Selena, da escola de San Cristovo.

Alí atopáronse con antigos alumnos (Daniel, Rocio,...) do CRA e tamén con Juan, profesor de Educación Física que estivo no cole o curso pasado.

 

DÍA DA PAZ

O mércores 31 de xaneiro celebramos todos xuntos na escola de Francelos o Día da Paz.

Foi un día moi especial, xa que tivemos a visita de Ramón Caride, e rematamos a gravación dun lipdub, coa canción de IMAGINE. Este video foi elaborado polo mestre de música (Álvaro) e colaboramos todos os mestres e alumnos do colexio.

Aquí vos queda para que o disfrutedes.

Campo a través

O alumnado do CRA Amencer participou na final comarcal do Ribeiro de campo a través, unha das probas de atletismo, que tivo lungar no campo de fútbol de O Xestal.

A proba consistiu en dúas voltas ao campo de fútbol para a categoría de benxamín mixto, na que se clasificou Selena para o provincial.

FESTIVAL NADAL 2017

No seguinte video podedes ver algunhas das fotos do festival de NADAL 2017

 

Todo o alumnado de infantil representou o musical PACO PAPÁN

A continuación cantaron o villancico I´M A LITTLE STAR

 O alumnado de primaria representou o PAÍS DAS PULGAS

O villancico en inglés SANTA CLAUS IS COMING TO TOWN

O alumnado da escola de San Paio cantaron BUSCANDO UNHA ESTRELA

O alumnado da escola de Francelos XA ME TARDAN ESTES MAGOS

E por último, o alumnado da escola de San Cristovo, VOLVER A CASA POR NADAL

IV CONCURSO DE TARXETAS DE NADAL

Participamos no IV Concurso de Tarxetas de Nadal que organiza o Colexio de Economistas de Ourense.

Obtiveron premio os traballos de:

Categoría infantil: Gabriel Martínez Pereira

Categoría primaria: Yaizsa Villar Maroto

GABRIEL MARTÍNEZ PEREIRA

YAIZSA VILLAR MAROTO

CONCURSO POSTAIS DE NADAL

As postais gañadoras do Concurso de Postais deste ano son:

MARCO PORTELA GONZÁLEZ (INFANTIL)

PAULA RODRÍGUEZ RIVAS (PRIMARIA)

 

CONCURSO CONSTITUCIÓN

Este ano participamos na 34ª Edición do Concurso da Constitución

E tivemos unha alumna ganadora: ENMA VILLANUEVA FUENTES

Co seu debuxo sobre a organización territorial do Estado español

A continuación podedes ver as fotos do Acto institucional da entrega de premios no Auditorio Municipal de Ourense o día 6 de decembro

MAGOSTO 2017

O venres 10 de novembro celebramos o magosto na escola de San Cristovo. Tivemos un contacontos "O souto dos prodixios" e xogos populares, como encestacastañas, chapas, buxainas, carreiras de sacos, un circuito deportivo e un taller creativo.

Tamén cantaron a canción "Vivan as castañas".

Na seguinte presentación podedes ver o ben que o pasaron os nos@s alumn@s.

SAMAÍN 2017

Nas seguintes fotos podedes ver aos nos@s alumn@s disfrazados o día do Samaín-Halloween nas escolas do CRA Amencer

EXPOSICIÓN DE CABAZAS

Durante a semana do 23 ao 27 de outubro tivemos unha exposición de cabazas nas escolas do CRA Amencer. O venres 27 levámolas a Praza de Abastos de Ribadavia para colaborar coa organización da Noite Meiga.

Nas seguintes fotos podedes ver as cabazas que trouxeron os nos@s alumn@s.

 

PLAZA DE ABASTOS DE RIBADAVIA


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design