AS NOSAS AULAS DE PEITIEIROS

As aulas de Peitieiros se atopan na parroquia do mesmo nome do Concello de Gondomar, xusto enfronte do noso centro adscrito CEP Neira vilas, se queres ver a localización exacta pulsa AQUÍ

Na escola de Peitieiros contamos con 2 aulas: Peitieiros A e Peitieiros B. Cada aula conta cun espazo propio interior con baño e comparte o espazo exterior. Estas aulas conta tamén cun porche cuberto.

Na aula de Peitieiros A o espazo de cambio de calzado e roupa atopase dentro da propia aula e en peitieiros B nunha pequena zona do porche exterior.

 

O horario da aula é de luns a venres de 9.30h a 14.30h. Será de 9:00 a 14:00 coma no resto de aulas a partir do vindeiro curso.
Non dispón de servicio de transporte nin comedor.

A NOSA AULA DE VILAZA

A aula de VILAZA está situada na parroquia do mesmo nome do Concello de Gondomar, podedes ver a localización exacta AQUÍ

O horario da aula é de 9 a 14h de luns a venres.

Non dispón de servicio de transporte nin comedor.

A casiña da escola está formada por dous espazos interiores e un espazo exterior que na actualidade se utilizan indistintamente ao longo da mañán. Ten tamén un amplo espazo de entrada que se utiliza para cambios de calzado e roupa e sirve de punto de encontro a primeira hora e de lugar de despedida á última.

 

Distribuir contido