-A programación dos tempos nas aulas alternando momentos de expansión con momentos de recollemento.
• Asambleas ou reunións.
Establecemos diferentes momentos de encontro grupal ao longo da xornada pero respetando o momento madurativo dos nosos alunmos e as nosas alumnas, os utilizamos para almorzar mentras comentamos algún tema de interese se xurde, para facer xogos grupais coas persoas que queiran participar, e reservamos as longas charlas para cando os nenos e as nenas comecen a sentir a necesidade de saber das vivencias das demáis e se interesen por elas.
• O xogo libre.
A función do xogo no desenvolvemento infantil é a chave, é a forma na que os nenos e nenas aprenden. Por esta razón non debemos de consideralo como algo secundario que ven despois do cumprimento das obrigas.
Como ben indica Álvaro Bilbao, neurocientífico, “el cerebro el niño esta diseñado para aprender a través del juego, cuando un niño juega, entra en modo aprendizaje, todos los sentidos se centrar en la actividad, es capaz de permanecer concentrado, de interpretar papeles, de ponerse en el lugar del otro, es capaz de pensar y actuar con mayor inteligencia y madurez porque el juego expande su mente como ninguna otra actividad”.
Agora ben, o xogo para que cumpra realmente co seu proposito ten que ser libre, non directivo, sen interferencias.
O xogo libre non debe ser planeado.
A creación dunha atmósfera propicia para o xogo libre leva tempo. Para dar tempo a involucrarse completamente na actividade debemos dispor alomenos dunha ora ou ora e media.
O ideal é que haxa suficiente espazo para realizar movementos corporais cómodamente (saltar, gabear, balancearse, tirar ou atrapar, entre outros) e para xogos simbólicos, que polo xeral, se desenvolven con maior tranquilidade.
O neno e nena necesitan ter ao seu alcance distintos tipos de materiais, a poder ser desestruturados para que os inviten a deixarse levar pola sua imaxinación.
• Acollemento.
A chegada a escola dunha nova nena ou neno supón un cambio grande para todas as persoas implicadas no proceso (nenas, nenos, familias, profesorado) é por iso que deseñamos a familiarización ás necesidades das pequenas e pequenospermitindo que as familias permanezan na aula toda a xornada durante o acollemento. As familias colaboran co profesorado para dar autonomía as pequenas e pequenos de maneira que sigan un proceso tranquilo e suave.