A nosa biblio

A NOSA BIBLIO

A biblioteca do C.R.A. Antía Cal consta de 50m cadrados cheos de fantasía, ilusión, imaxinación, información, coñecementos, sabiduría, música, xogos.

Nela vive Imaxinica, a nosa mascota, que coida de todos os amiguiños e amiguiñas que se atopan dentro dos contos e transmite os seus desexos aos nenos e as nenas do C.R.A.

A nosa biblio é punto de encontro de familias, nenos e nenas, que pasan a tarde lendo contos e levando os que máis lle gustan para casa en empréstito.

Temos contos de todas as cores, sabores, tamaños e gustos, e se desexas algún exemplar que non atopas, temos un buzón de suxestións para que o poidas solicitar á nosa mascota Imaxinica. 

Esta é A NOSA BIBLIO! AGARDAMOS A VOSA VISITA!

    

Distribuir contido