A NOSA BIBLIO

 

A biblioteca do CRA Antía Cal consta de 50 m cadrados cheos de fantasía, ilusión, imaxinación, información, coñecementos, sabiduría, música, xogos.

Nela vive Imaxinica, a nosa mascota, que coida de todos os amiguiños e amiguiñas que se atopan dentro dos contos e transmite os seus desexos aos nenos e as nenas do CRA.

A nosa biblio é punto de encontro de familias, nenos e nenas, que pasan a tarde lendo contos e levando os que máis lle gustan para a casa en empréstito.

Temos contos de todas as cores, sabores, tamaños e gustos, e se desexas algún exemplar que non atopas, temos un buzón de suxerencias para que poidas solicitar á nosa mascota Imaxinica.

 Esta é A NOSA BIBLIO!

AGARDAMOS A VOSA VISITA!