Decembro 2018

FESTIVAL DE NADAL 2018

Etiquetas :

O venres 21 de decembro tivemos o Festival de Nadal de 2018 na Casa da Cultura de Ribadavia. Nos seguintes videos podedes ver todas as actuacións do noso alumnado.


 

 

Dende eiquí dar as grazas a toda a comunidade educativa do CRA Amencer, tanto aos mestr@s como a todas as familias e en especial, a todo o alumnado, xa que sen todos vos esto non sería posible.

Darlle as grazas tamén a residencia de maiores de Ribadavia, que quixo compartir connosco unha mañá diferente e viñeron a ver o noso festival de Nadal.

E en especial a todos os empregados da Casa da Cultura de Ribadavia, Fran, Tere, Anita e Bea, pola súa colaboración e dispoñibilidade en todo momento.

E non queremos esquecernos tamén de darlle as grazas a María Lopez Touza, concelleira de Cultura e Educación de Ribadavia.

BO NADAL!!!!!!

DECORACION DAS ESCOLAS

Nas seguintes fotos podedes ver algúns dos traballos que fixeron na semana de Nadal.

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2018

Etiquetas :

Todo o claustro de profesores do CRA Amencer quere agradecervos e felicitarvos pola vosa participación no Concurso de Postais de Nadal. 

Nas seguintes fotos podedes ver as postais gañadoras deste ano.

LEIRE CASAS MARTINS (INFANTIL)

NEREA LÓPEZ AREDA (PRIMARIA)

PATINANDO NO XEO

Etiquetas :

O mércores 12 de decembro tivemos unha xornada moi axetreada. Primeiro fomos buscar aos alumn@s do CEIP de Punxin e a súa mestra Marta, que compartiron a xornada connosco. E despois desprámonos ata a Ourense, a pista de xeo instalada no Centro Comercial Pontevella.

Como tivemos que facer dous grupos para patinar, mentras uns estaban na pista de xeo, outros fomos ver os adornos de Nadal do centro comercial e tamén merendamos.

Despois fixemos unha visita a plaza de abastos, onde nos ensinaron o peixe, o marisco, as carnes, as froitas e as verduras.

E por último tivemos un obradoiro musical na Casa da Música, onde puidemos facer e escoitar música electrónica.

PASÁMOLO XENIAL !!!!!!


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design