Abril 2018

XOGANDO CO ATLETISMO

Unha nova cita deportiva, desta volta ó xoves 26 de abril, no Pavillón de Ribadavia.

Achegámonos a disfrutar das diferentes probas do atletismo, na que o principal obxectivo foi divertirse e probar as múltiples disciplinas como  son: salto lonxitude, lanzamento de peso, xabalina, salto de altura e diferentes carreiras de velocidade e relevos.

Aquí vai o vídeo da actividade...

PESCANDO NO AVIA

O venres 20 de abril fixemos unha saída para coñecer distintas artes ou aparellos e embarcacións que se utilizaban na pesca fluvial en Ribadavia.

Acompañáronnos tres expertos: Antonio Míguez (pai dunha alumna da escola de Francelos), Modesto Martínez (un veciño de Francelos) e Álvaro Lorenzo (mestre do CRA).

Todos eles nos contaron un montón de cousas relacionadas coa pesca. Aprendimos qué eran as nasas, as redes, as distintas embarcacións, a cana de pescar, o cebo, ....

Tamén estivemos no Museo Etnolóxico de Ribadavia, onde Modesto lles explicou de maneira moi visual cómo se pescaban os peixes e as anguias.

ANTÓN COMODÓN

O mércores 4 de abril fomos ao Auditorio de Ourense a ver a obra de teatro Antón Comodón.

Antón Comodón, era un neno ao que na súa casa lle facían todo, non facía falta que aprendera nada se el non quería. Cando creceu tiña un axudante, Nicolás, que era o encargado de facelo todo. Pero un día Nicolás pensou que xa tiña bastante diñeiro e foise a vivir ás Illas Verdes…. Antón non sabía vivir sen axuda, nin vestirse, nin abrocharse os zapatos, nin tan sequera comer so a sopa. Así pois decidiu empezar unha longa viaxe en busca de Nicolás, atravesando campos, cidades e lugares descoñecidos para el, como unha granxa e un porto pesqueiro. Durante a viaxe Antón foi aprendendo moitas cousas. Cando por fin chegou ás Illas Verdes e encontrou ao seu axudante deuse conta que aprendera tanto que era capaz de valerse por si mesmo e foi entón cando decidiu quedarse a vivir e botar unha man a Nicolás co seu carriño de xeados, como dous bos amigos.


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design