Outubro 2017

EXPOSICIÓN DE CABAZAS

Durante a semana do 23 ao 27 de outubro tivemos unha exposición de cabazas nas escolas do CRA Amencer. O venres 27 levámolas a Praza de Abastos de Ribadavia para colaborar coa organización da Noite Meiga.

Nas seguintes fotos podedes ver as cabazas que trouxeron os nos@s alumn@s.

 

PLAZA DE ABASTOS DE RIBADAVIA

EXCURSIÓN Á CORUÑA

O martes 24 fomos recoller un premio da Real Academia Galega polo traballo realizado nas Letras Galegas 2017 adicadas a Carlos Casares.

Despois de recoller o premio fomos visitar a DOMUS e o AQUARIUM FINISTERRAE, onde os alumn@s de primaria aprenderon moitas cousas e se divertiron.

Na seguinte presentación podedes ver todas as fotos.

PREMIO DA REAL ACADEMIA GALEGA

Esta semana tivemos unha moi boa noticia, resultamos premiados no certame Contádenos o voso Día das Letras, convocado pola Real Academia Galega dentro do proxecto educativo Primavera das Letras.

No certame participaron cerca de oitenta centros educativos de toda Galicia con proxectos arredor da celebración do 17 de maio dedicado a Carlos Casares.

O noso traballo está recollido no blog da biblioteca, pincha na imaxe para ver máis sobre o proxecto

A comunidade educativa do CRA Amencer de Ribadavia agradece a Real Academia Galega este premio polo traballo feito a prol da difusión da figura e a obra de Carlos Casares e da nosa lingua.

 


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design