Skip to Content

Escola de San Cristovo

Relaxámonos coloreando mandalas

Hai moitas formas de relaxarse, este mes probamos tamén a relaxarnos coloreando. Colorear mandalas axuda a desenvolver a creatividade, atención e observación, fomenta a intelixencia, a capacidade de razoamento e o dominio corporal. Tamén fomenta a paciencia, mellora a autoestima e esperta os sentidos. 

Esta vez, coloreamos un mandala de outono, por ser esta a estación na que estamos. A verdade é que nos gustou moito esta actividade, e pensamos repetila con outros mandalas máis adiante.

 Os mandalas quedaron preciosos.

O corpo humano

Os nen@s de primaria de San Cristobo estivemos aprendendo cousas sobre o corpo humano durante este mes de outubro. Aquí vos deixamos algúns dos xeniais traballos que fixemos.

Que ben respiramos!

Estes días estivemos practicando a nosa respiración. Fixemos un barco de papel, que logo decoramos con palabras e debuxos positivos e vímolo navegar na nosa tripa. Colocamos o barquiño no abdome e vimos como subía e baixaba coma se estivese no mar. Ó rematar, estabamos moooi relaxados. A idea sacámola do libro "Respira".

 

Relaxación "Nubes de Colores"

Hoxe seguimos practicando as nosas relaxacións, esta vez tocou un audio de Mamen Duch. Mamen é unha profesora de ioga infantil, que tamén é fundadora de www.yoguikids.com. Escoitamos unha relaxación do seu libro "Relajaciones" chamada "Nubes de colores". 

Cando rematamos de escoitar a relaxación, contamos as nosas opinións, e o que representaba para cada un o que acababamos de escoitar. Espero que vos guste.

Conto "Tina y un otoño de fotografía"

Seguindo coa nosa práctica, contamos o conto "Tina y un otoño de yoga", un conto de outono, moi apropiado para este tempo. Aprendemos algunhas posturas de ioga. A experiencia foi moi interesante.

Algunhas posturas gustaron moito, e outras foron máis ben divertidas.

Practicamos mindfulness

Este curso os alumn@s de primaria de San Cristovo imos practicar varias técnicas de relaxación: mindfulness, visualizacións, relaxacións, ioga...

O primeiro día escoitamos unha visualización chamada "A árbore das preocupacións". Cando rematamos de escoitar, moi atentos cada un escribiu unha ou máis preocupacións nun papel, e como non temos árbore dentro, colgámolas todas xuntas para desfacernos delas.

 

ÚLTIMA SEMANA DO CURSO

Nesta última semana do curso non paramos de facer cousas: o luns fomos a Samil, o martes tocou celebración dos aniversarios dos nenos que cumpren anos no verán, o mércores fomos facer unha ruta por Ribadavia a coñecer  un pouco sobre o noso patrimonio, o xoves tocou festa de despedida con concurso de música "Tí si que vales" e o venres a festa de fin de  curso coa graduación dos que se van en San Paio. Aquí vos deixamos un video para que vexades o ben que o pasamos. E xa nos despedimos ata o curso que vén. Bo verán.

A ARTE COMO RECURSO PARA PENSAR

Este curso traballamos un pintor por trimestre: Warhol, Kandinsky e Picasso. A arte é sensibilidade e creatividade. Favorece unha observación atenta e o desenvolvemento expresivo da linguaxe dos sentidos: sensacións, formas, cores, impresións...

PROXECTO DOS DINOSAURIOS

Este curso os/as nenas de Infantil estivemos facendo un PROXECTO DE DINOSAURIOS. O ano pasado xa fixeramos un conto e traballaramos un  pouco sobre o tema pero os nenos quixeron seguir aprendendo sobre eles. Aquí vos deixo nun video algunha das actividades que fixemos. 

DÍA INTERNACIONAL DO MEDIO AMBIENTE

O 5 de xullo celebrouse o día internacional do medio ambiente, e dende a nosa escola tamén quixemos seguir traballando sobre ese tema; concienciando os/as nenos/as sobre a importancia de reciclar e cuidar e manter o noso entorno limpo para ter un ambiente saudable.

Distribuir contido


by Dr. Radut