Skip to Content

Recomendámosche

VISITA GUIADA AO BOSQUE RIDIMOAS

O luns 29 de abril fixemos unha saída ata o bosque de Ridimoas, que está en Beade, moi preto da escola de San Cristovo.
Ridimoas é unha Asociación Cultural-Ecolóxica para a defensa e estudio dos bosques autóctonos.
Tivemos unha visita guiada, onde os nosos guías foron Pablo Rodríguez Fernández (Oitabén) e a súa filla Paula.
Ensináronnos moitas cousas sobre a flora (avea, xestas blancas, carballos, bugallos, hedras, érbedos, toxos, pereiras silvestres,..) e a fauna (larvas de píntega, píntegas)  de Ridimoas.
Foi unha xornada especial, onde aprendimos moitas cousas diferentes.

 

EL QUIJOTE

Así debuxaron o Quijote os alumnos da escola de Francelos.

ABRIL: MES DOS LIBROS

O 23 de abril, día do libro, comezamos o día asistindo ao contacontos "AMODO AMODIÑO" de Trécola Teatro na Casa de Cultura de Ribadavia. Despois visitamos a sala infantil da Biblioteca pública de Ribadavia e a exposición Alimenta o teu cerebro e Tere nos deu uns marcapáxinas conmemorativo do Día do Libro.

De regreso nas escolas, pintamos os marcapáxinas e rematamos os libros de madeira coa poesía que fixemos.

LIBRO DE POEMAS

Os alumn@s de San Paio fixeron un libro de poemas

 

21 MARZO: DÍA DA POESÍA

Este ano fomos celebrar o día da Poesía nos montes que temos arredor das nosas escolas.

 

 

Estas son algunhas das poesías que crearon os alumnos de 1º e 2º de primaria de San Cristovo.

 

V SEMANA ESCOLAR DA ÁRBORE E DA AUGA

Na semana escolar da árbore e da auga fixemos varias actividades: construimos árbores con paus e bugallos, debuxamos e pintamos árbores no bosque, abrazamos as árbores,...

Tamén plantamos un bidueiro na escola de Francelos coa axuda dos mestres Álvaro, Mónica e Mª José.

En San Paio plantamos unha maceira coa axuda de Roberto, papá de Lucía, e despois fixemos un debuxo da plantación.

Tamén entregamos o conto que nos mandou a Diputación de Ourense para celebrar esta semana

 

11-15 MARZO: SEMANA DA PRENSA

Durante esta semana fixemos diferentes actividades

Como este ano estamos traballando nun proxecto sobre "Os montes", na escola de Francelos, o alumnado de infantil elixiu un animal do monte, neste caso o coello e representáronno empregando recortes do xornal.

E o alumnado de primaria aprendeu as distintas partes que ten unha noticia: titular, subtítulo, corpo da noticia, fotografía, pé de foto, etc. Buscaron noticias, recortaron, pegaron e escribiron cada parte.

Na escola de San Cristovo fixeron as súas propias noticias

Na escola de San Paio, durante esta semana leron o xornal, crearon un recuncho para o xornal e elaboraron a partir de material de refugallo uns micrófonos de xornalistas.

8 MARZO: DÍA DA MULLER TRABALLADORA

A profe Raquel aproveitou esta data para achegar aos máis pequenos a figura de Frida Kahlo.

24 FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

Para conmemorar o Día de Rosalía de Castro 2019, os equipos de Biblioteca e Dinamización da lingua galega, sumámonos ás actividades propostas pola AELG (Asociación de escritoras e escritores en Lingua Galega) co lema DO XIX AO XXI: LIBRE O MEU PENSAMENTO!

Adaptamos a proposta da AELG ao noso alumnado e este foi o resultado

Escola de San Cristovo

Escola de San Paio

Escola de Francelos

Ademáis o alumnado da escola de San Paio fixo unha recitación

Video Promocional do C.R.A. Amencer

Estas Buscando escola para @s nen@s? mira mais aló e #ELIXEAMENCER

Distribuir contido


by Dr. Radut