Skip to Content

Recomendámosche

20 NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DO NENO

Para celebrar este ano o Día Internacional dos dereitos do neno, os alumnos da escola de San Paio fixeron este video para compartir con todos vós.

 

escola de san paio

escola de francelos

 

 

 

 

 

SAMAÍN 2015

Na seguinte presentación podedes ver algunhas das actividades que fixemos durante o SAMAÍN.

LETRAS GALEGAS 2015

Pincha na foto para ver as actividades realizadas durante a semana das Letras Galegas

 

Tamén fixemos a convivencia co CEIP de Castrelo de Miño para celebrar as Letras Galegas. Pincha na imaxe para ver o ben que o pasamos.

 A continuación podedes ver algúns videos das diferentes actividades realizadas:

"Canción benvida"

 

 "Cantares Gallegos"

 

CONTOS QUE DEIXAN PEGADA

O 30 de abril ás 18:00 h no Auditorio da Casa da Cultura de Ribadavia haberá unha sesión de contos a cargo de PAVÍS PAVÓS, orientada a transmitir valores, que tratan das diferenzas na sociedade, a homofobia, o racismo, o machismo, as desigualdades,... Contos que, sen querelo, van deixar pegada en quen os escoite.

Esta actividade está organizada pola Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia, dentro do programa Ler conta moito.

RESUMO ACTIVIDADES MES DE ABRIL

O 23 de abril, Día Mundial do Libro, fixemos entrega dos agasallos que nos mandaron dende Bibliotecas Escolares de Galicia.

Tamén tivemos un contacontos por videoconferencia, os alumnos de Primaria contáronlle aos máis pequenos do cole a historia de Don Quixote.

No taller de Rosalía tamén celebramos o 4º Centenario da publicación da 2ª parte do Quixote.

 

PROXECTO "OS ASTRONAUTAS"

Neste terceiro trimestre imos viaxar ao espazo, xa que en astronautas nos imos converter no CRA AMENCER.

Esta actividade para a pizarra dixital foi elaborada a partir do material Canto sabemos! OS ASTRONAUTAS, do Proxecto Os camiños do saber da Editorial Santillana Obradoiro.

 

DÍA DA AUGA 2015

Para celebrar o Día da Auga escollemos uns debuxos onde se fomenta o uso responsable.

21 de MARZO: DÍA DA POESÍA CON ROSALÍA

Aproveitando os poemas que traballaramos de Rosalía de Castro, fixemos un recitado de poemas.

 

 

 

 

 

 

SEMANA DA PRENSA: DO 9 AO 13 DE MARZO

Dende o 9 ao 13 de marzo, nas aulas traballamos cos xornais de diferentes modos.

 

8 MARZO: DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Para celebrar o 8 de marzo, DÍA DA MULLER TRABALLADORA, escollemos o conto de Parella guai, A NOSA TERRA.

Algúns nenos fixeron un debuxo para agasallar a súa nai e tamén unha flor con xornais.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut