ESCOLA DE SAN CRISTOVO: CONTACONTOS NO MAGOSTO

Os nenos e nenas da escola de San Cristovo, polo magosto tiveron un contacontos de Chus Caramés que se titulaba " O chineiro da tía María",  unha actividade incluída dentro dos Proxectos Culturais en Língua Galega Xacobeo 2021.

CONTACONTOS NA ESCOLA DE SAN CRISTOVO de Vanesa Carballo Leal

DÍA DAS BIBLIOTECAS. 24 DE OUTUBRO

O día 24 de outubro saímos visitar a Biblioteca de Ribadavia, que nos convidou, para celebrar con eles o Día das Biliotecas co contacontos " Contos da bruxa Chispum" da compañía Teatro Calavera. Ó rematar fixemos un obradoiro de maxia, onde elaboramos unha pócima fluorescente na escuridade. Pasámolo moi ben!.

Xela Arias un conto para o kamishibai

Xela Arias un conto feito por todo o alumnado do CRA Amencer en formato A3 para o noso kamishibai da Biblioteca . Cada imaxe foi decorada por cada unha das escolas participando todos os nenos-as e utilizando distintos materiais e collages.

Foi plastificado   para formar parte dos nosos materiais bibliográficos que compoñen a nosa Biblioteca.