MOCHILAS VIAXEIRAS

No seguinte PDF tendes todos os debuxos e comentarios que fixestes as familias  nos cadernos das mochilas viaxeiras deste curso.

Pincha na imaxe

 

CASA DAS ÁRBORES

O martes 28 de maio fomos de excursión a CASA DAS ÁRBORES, na aldea de Garabelos, en Mariz (Chantada), onde nos esperaba ANXO MOURE.

@s nen@s puideron escoitar contos dentro dunha casa enriba dun castiñeiro e un carballo e ollar niños de paxaros escoitando os seus cantos.

Anxo Moure contounos que Contos na Casa das Árbores naceu do desexo de toda nena ou neno de ter unha casa nunha árbore. Construíu enriba dun vello castiñeiro e un carballo unha casiña de madeira, ademáis dunha biblioteca con libros e contos sobre as árbores, con incríbles personaxes que contan as súas historias vinculadas ao mundo da natureza. Tamén coñecemos 30 especies diferentes de árbores autóctonas plantadas ao carón da casa árbore, cada unha delas coa súa historia.

Fixemos diferentes actividades: merendar no prado, teatro na mochila, cine palleiriso, o bosque das lobiñas, concerto, columpios, contos na árbore, poesía no hórreo,...

 

OS CONTOS DAS NOSAS ÁRBORES

Este ano, como estivemos traballando os bosques, pedímoslles as familias que nos mandaran unha foto d@s nen@s cun libro no bosque.

O resultado foi espectacular e decidimos facer un collage en grande con todas as aportacións.

MOITAS GRAZAS FAMILIAS!!!!!!

 

O NOSO HERBARIO

Os alumn@s de San Paio tamén fixeron o seu propio herbario coas follas recollidas na saída ao Monte de Santa Marta.

 

AdxuntoTamaño
FOLLAS DE SANTA MARTA.pdf9.02 MB

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Este curso dedicamos do 13 ao 17 de maio a semana das Letras Galegas e realizamos varias actividades para conmemorar esta data: unidades didácticas e LIMs do Seminario  Galán sobre Antón Fraguas.

AdxuntoTamaño
ANTON FRAGUAS.pdf4.57 MB

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O xoves 16 de maio desprazámonos ata o CEIP Carmen García Carrasco de Cenlle para celebrar con eles o Día das Letras Galegas.

Comezamos cunha benvida por parte do alumnado maior do cole que, ademais, presentounos ao autor homenaxeado, Antón Fraguas, a través do Kamishibai. Despois decoraron unha pegatina do autor. Logo merendaron e tivemos un espectáculo de maxia e contacontos con LEO LEÍÑO. Para rematar tivemos tempo libre e xantamos xuntos no comedor do cole de Cenlle.

Desde aquí darlle as grazas a Laura e a todo o profesorado de CEIP de Cenlle e a súa cociñeira.

DÍA DA FAMILIA

O mércores 15 de maio fixemos entrega do agasallo do DÍA DA FAMILIA. Este ano como o cartel de bibliotecas leva o lema POÉTICAS DIVERSAS, reciclamos un tarro de cristal e dentro metémoslle "DOSIS DE LECTURAS PARA ALEGRAR A VIDA".