2 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Neste ano 2015, o Día Internacional do Libro Infantil, que se celebra o 2 de abril, en memoria do nacemento de Hans Christian Andersen, lévanos aos países árabes e á palabra e á imaxe creada por dúas mulleres representantes da literatura infantil e xuvenil desa parte do mundo: 

  • Moitas culturas, unha historia, é un texto  de Marwa Obaid Rashid Al Aqroubi, escritora e difusora dos libros infantís nos Emiratos Árabes Unidos.  Traballa pola creación dunha cultura de lectura e por proporcionar libros para nenos e nenas afectadas pola guerra, a inestabilidade política ou os desastres naturais na rexión de Asia Central e Norte de África:

"Falamos diferentes linguas e vimos de diferentes orixes, máis compartimos as mesmas historias"

  • A imaxe que ilustra o cartel do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil 2015 é de Nasim Abaeian, ilustradora nacida en Isfahán, cidade iraní moi evocadora no mundo dos contos*. Formada en Italia, Sharjah (un dos emiratos integrados nos EAU) e Estados Unidos, actualmente é profesora no departamento de Arte e Deseño da Universidade de Zayed (EAU) e traballa como ilustradora de libros infantis.