Marzo 2017

20-24 DE MARZO: III SEMANA ESCOLAR DA ÁRBORE E DA AUGA

Este ano a Deputación de Ourense organizou a terceira edición da "Semana Escolar da Árbore e da Auga" para conmemorar os Días Mundiais da Árbore e da Auga que teñen lugar os días 21 e 22 de marzo, unha iniciativa na que participa o noso centro. Con esta finalidade a Deputación editou o libro-manual O amor eterno de Rozabales, dirixido a estudantes de Primaria, do que é autor Xosé Antonio Perozo.

Esta actividade pretende "divulgar entre os máis novos, a importancia de preservar o noso medio ambiente, así como fomentar a concienciación medioambiental".

O libro-manual que a Deputación de Ourense editou nesta edición é O amor eterno de Rozabales que, a través dunha historia de ficción que se desenvolve na contorna do Souto de Rozabales co castiñeiro como árbore protagonista, pretende chamar a atención e ensinar aspectos relacionados con esta especie, os seus valores, utilidades e produtos. Así mesmo, as augas termais son outros dos aspectos que forman parte da lenda creada para que o alumnado goce e aprenda ao mesmo tempo.

Ademais o mércores, 29 de marzo, saimos a plantar castiñeiros, pincha na imaxe para ver toda a reportaxe

 

Ademais os alumnos da Escola de San Paio, tamén fixeron os seus traballiños para conmemorar estes días tan importantes. Pinchade na imaxe para ver todo o  que fixeron.

ANIMACIÓN Á LECTURA

Na escola de San Cristovo estiveron traballando varios contos:

- "O monstro de cores" non sabe o que lle pasa, fíxose un lío coas emocións e agora tócalle desfacer o embrollo. Unha historia sinxela e divertida de Anna Llenas que introduce a pequenos e maiores na fascinante linguaxe das emocións.

- "Colores" de Herve Tullet. Un descubrimento de libro interactivo que invita aos nen@s a experimentar coas cores, oscurecéndoas, aclarándoas, mezclándoas, descubríndoas... Foi coma recibir unha clase de pintura co mellor profesor, o que desafía ao alumno, acompáñao e o aplaude. Desfrutaron moito.

- "El gran, gran dinosaurio" de Richard Byrne. Conta como un gran dinosaurio, moi fanfarrón, aprende a compartir e fai moi, moi bos novos amigos.

- "Vaya rabieta" de Mireille dÁllancé. Un conto para traballar os enfados.

 

21 MARZO: DÍA DA POESÍA

Estas son algunhas das poesías que traballamos cos máis pequenos do cole para conmemorar este día

6-10 DE MARZO: SEMANA DA PRENSA

A continuación podedes ver algúns dos traballos que fixeron os alumn@s da Escola de Francelos na Semana da Prensa

Ademais, os máis pequenos tamén fixeron flores cos xornais

 

 

8 MARZO 2017: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Para celebrar o Día Internacional da Muller, as escolas escolleron a diferentes mulleres para conmemorar ese día. Dende agora, os nosos alumnos saberán algo máis de Audrey Hepburn, Frida Kahlo, Amelia Earhart e Marie Curie.