Marzo 2019

LIBRO DE POEMAS

Os alumn@s de San Paio fixeron un libro de poemas

 

BRAIS MOURE

O venres 29 de marzo visitou as tres escolas do CRA, Brais Moure, o fillo do "Carballo con botas". 

Ensinounos unha maleta chea de elementos da natureza: paos, piñas, carrabouxos, variñas máxicas de teixo, sobreira e sons de paxaros. E contounos moitos contos, cantigas e música da natureza para aprender a coidar as nosas árbores. Tamén trouxo a súa Ciclobiblioteca, cargada de libros da natureza.

No seguinte video podedes ver o ben que o pasamos.

21 MARZO: DÍA DA POESÍA

Este ano fomos celebrar o día da Poesía nos montes que temos arredor das nosas escolas.

 

 

Estas son algunhas das poesías que crearon os alumnos de 1º e 2º de primaria de San Cristovo.

 

V SEMANA ESCOLAR DA ÁRBORE E DA AUGA

Na semana escolar da árbore e da auga fixemos varias actividades: construimos árbores con paus e bugallos, debuxamos e pintamos árbores no bosque, abrazamos as árbores,...

Tamén plantamos un bidueiro na escola de Francelos coa axuda dos mestres Álvaro, Mónica e Mª José.

En San Paio plantamos unha maceira coa axuda de Roberto, papá de Lucía, e despois fixemos un debuxo da plantación.

Tamén entregamos o conto que nos mandou a Diputación de Ourense para celebrar esta semana

 

11-15 MARZO: SEMANA DA PRENSA

Durante esta semana fixemos diferentes actividades

Como este ano estamos traballando nun proxecto sobre "Os montes", na escola de Francelos, o alumnado de infantil elixiu un animal do monte, neste caso o coello e representáronno empregando recortes do xornal.

E o alumnado de primaria aprendeu as distintas partes que ten unha noticia: titular, subtítulo, corpo da noticia, fotografía, pé de foto, etc. Buscaron noticias, recortaron, pegaron e escribiron cada parte.

Na escola de San Cristovo fixeron as súas propias noticias

Na escola de San Paio, durante esta semana leron o xornal, crearon un recuncho para o xornal e elaboraron a partir de material de refugallo uns micrófonos de xornalistas.

8 MARZO: DÍA DA MULLER TRABALLADORA

A profe Raquel aproveitou esta data para achegar aos máis pequenos a figura de Frida Kahlo.