Maio 2018

ACTIVIDADES DAS LETRAS GALEGAS 2018

Aquí vos deixo un video, coa música de Guadi Galego e unha preciosa ilustración de Abi Castillo. Podedes ver algunha das  actividades que fixemos para conmemorar a escritora deste ano,  María Victoria Moreno, e unhas imaxes da visita que nos fixo Pepe Carreiro ao CEIP  Carmen García Carrasco de Cenlle, onde fomos a compartir unha bonita xornada para celebrar o día das Letras Galegas.

CONTOS QUE VEÑEN E VAN

Todos os venres @s nen@s do CRA Amencer levámonos un conto para ler coa familia e disfrutar da lectura con eles. Aquí vos deixo algúns dos debuxos que fixeron durante este curso. Espero que vos gusten.

CONTOS QUE VEÑEN E VAN

Todos os venres @s nen@s do CRA Amencer levámonos un conto para ler coa familia e disfrutar da lectura con eles. Aquí vos deixo algúns dos debuxos que fixeron durante este curso. Espero que vos gusten.

EL LÁPIZ MÁGICO DE MALALA

Durante os meses de marzo e abril os alumn@s de Educación Primaria de San Cristovo traballaron o conto de El lápiz mágico de Malala. O conto relata parte da vida de Malala Yousafzai e de como foi a súa infancia crecendo nun lugar destrozado pola guerra. Malala recibiu o Premio Nobel da Paz en 2014, pero segue loitando polos dereitos dos nenos e nenas.

A historia cóntanos que Malala cando era nena desexaba ter un lapis máxico para con el debuxar cousas que logo se fixeran reais. Decidiu converter aquel lapis máxico co que soñaba de nena nun lapis de verdade. Con el escribiría sobre os desafíos que ía atopando: homes armados que pecharon as escolas privadas e prohibiron ás nenas asistir a clase.

Con este libro aprendemos que hai outros lugares no mundo, diferentes ó noso. Nalgúns deses lugares os nenos e as nenas non son iguais, e ir á escola é un privilexio.  Deste xeito intentamos inculcar que un mundo mellor é posible evitando as diferenzas e fomentando a igualdade de oportunidades.

PROXECTO PESCA

Este curso o noso Proxecto Documental Integrado xirou en torno A PESCA. No seguinte video podedes ver un resumo dunha saída que fixemos para coñecer a pesca nos ríos do noso entorno. Esperamos que vos guste.

 

Tamén fixemos un libro de receitas relacionadas co peixe

 

 

MOCHILAS VIAXEIRAS

Outro curso máis, e xa van oito, as mochilas viaxeiras percorren as casas dos nosos alumn@s. Van cargadas de libros e peliculas para toda a familia. Este curso puxemos en marcha 4 mochilas (3 para os nen@s de Educación Infantil e unha para os de Educación Primaria) no segundo trimestre do curso.

A continuación podedes ver os debuxos e as opinións das familias.

 

LETRAS GALEGAS 2018: MARÍA VICTORIA MORENO

O Día das Letras Galegas deste ano estará dedicado á escritora e profesora María Viictoria Moreno Márquez (Valencia de Alcántara, Cáceres, 1939 – Pontevedra, 2005). Aquí vos deixamos unhas actividades en rede do Seminario Galán para traballar a vida e obra da escritora.

 

 

 

A RAG Primavera das Letras fornece o profesorado de Infantil e Primaria, os pais e nais e o propio alumnado destas etapas de propostas didácticas e lúdicas arredor do universo vital e literario da homenaxeada.