Febreiro 2018

24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALíA

Para conmemorar o Día de Rosalía de Castro 2018, o EDLG e o Equipo da Biblioteca; sumámonos ás actividades propostas pola AELG (Asociación de escritoras e escritores en Lingua Galega) co lema #AbrideAFiestra, que  permitiu @s alumn@s e familias facerse cómplice da Rosalía da que se sinten máis proxim@s.

 

 

Do A ao Z con...Rosalía , unha obra de Ana María Fernández da que escollemos cinco poemas, que confluíndo co léxico da escritora (Galicia, Namorados, Barca, Estrela e Muíño) achéganos ao mundo poético da cantora do Sar. Aquí vos deixamos o resultado do recitado dos poemas que fixeron @s nos@s alumn@s.

DÍA DA PAZ CON RAMÓN CARIDE

Este ano celebramos o DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ todo o C.R.A. na escola de Francelos e tivemos unha visita moi especial, o escritor do conto que traballamos para o este día "A pomba dona Paz", Ramón Caride. Escritor de literatura infantil e xuvenil como Bertiño Rompetodo, Micifú e os seus amigos, O cabo da serpe, Un coelliño na beiramar, Andanzas de Xan Farrapeiro... e para adultos: Lumefrío, O frío azul, terra Queimada (a súa última novela) e con  varios premios polo seu traballo literario, o premio Merlín e o premio Risco.

Moitas grazas Ramón Caride por compartir conosco esta xornada tan especial.

Aquí vos deixo un video para o disfrutedes.