Novembro 2016

25 NOVEMBRO

O venres 25 de novembro celébrase o Día Internacional para a eliminación da Violencia contra as mulleres.

Estes son algúns dos recursos que podedes traballar para celebrar ese día

 

 

HISTORIA DUNHA LATA

Neste curso  o noso proxecto xira en torno a Reciclaxe. Para ir comenzando, traballamos o conto Historia dunha lata. Estes son algúns dos debuxos que fixeron os máis maiores

ABECEBICHOS

Mirade que debuxos tan bonitos fixeron do libro que estiveron lendo os nosos alumn@s

 

COCORICO

Na escola de San Paio estiveron traballando co conto de Cocorico, se pinchades na imaxe podedes ver todo o seu traballo.

A VENDIMA E A ARTE

Neste primeiro trimestre estivemos traballando a Vendima co pintor arxentino Pablo Solari. Nas seguintes fotos podedes ver os traballos que fixeron os nosos alumnos.

24 de OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS

Este ano, para celebrar o Mes Internacional das Bibliotecas Escolares, sumámonos a proposta de Voz Natura de crear os nosos "Rincóns verdes". Nas seguintes fotos podedes ver que ben lle quedaron.

 Tamén traballamos o contro dos Tres bandidos, da editorial Kalandraka e fixemos os nosos propios bandidos.

 

BIBLIOTECA ESCOLAR: TERRITORIO DAS ARTES

"Biblioteca escolar - Territorio das Artes" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezo do curso 2016/2017  con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos. Nesta ocasión foi MINIA REGOS a creadora convidada a interpretar o lema anual.

A imaxe creada por Minia Regos garda moitas sorpresas para as lectoras e os lectores; propón un xogo de exploración e aventura por este "territorio" complexo e engaiolante que é toda biblioteca escolar.  

Biblioteca escolar, territorio das Artes convida a explorar fórmulas para espertar nos lectores e nas lectoras o interese por achegarse e apreciar os produtos artísticos, pero sobre todo  a experimentar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a arquitectura, a danza, o teatro, a literatura, a escultura, as artes visuais (cine, cómic, fotografía, videocreacións, videoxogos).