Outubro 2017

ARTE CON LEANDRO LAMAS

Estos meses imos aprender a pensar coa pintura dun artista galego: LEANDRO LAMAS. Nado en Narón, o 14 de xaneiro de 1973, a parte de pintor é ilustrador, actor e director teatral. Elexímolo pola súa capacidade de crear soños e fantasía colorista desde a propia realidade galega a través da súa obra chea de positivismo e ledicia.

Aquí vos deixo unha presentación da súa obra coa música de Guadi Galego "Mergullei"

PREMIOS DA INICIATIVA PRIMAVERA DAS LETRAS DA RAG

O martes fomos recoller o premio "Contádenos o voso día das Letras" no que o noso centro, con outros catro máis de toda Galicia, saiu premiado por sorteo nun total de 80 traballos presentados. Este ano o escritor a quen se lle adicaban as letras galegas foi Carlos Casares. O seu fillo, que estaba no acto deulle as grazas aos 90 nenos e nenas alí presentes, polo bo facer de tódolos traballos presentados e animou aos nenos e nenas a que non deixaran de ler e que coma o seu pai poderían chegar a ser futuros escritores.

Agradecer a Victor F. Freixanes, presidente da Real Academia Galega, e a académica Fina Casalderrey polo ameno que fixeron o acto e o cariño co que trataron aos nosos alumnos e alumnas. Foi un acto moi emotivo. 

Grazas polos agasallos.

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O 24 de outubro celebraremos o día das bibliotecas escolares cunha actividade que ten relación co lema e o cartel deste ano. Os nen@s terán que debuxar ou escribir nunha folla que lle damos por que lle gusta ir a biblioteca da escola e que aprenden nela. Despois todas as follas se colgarán nunha árbore de cada  escola.

Aquí podedes ver o resultado da nosa actividad:

ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO, PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL

Dende o noso blog querémoslle dar a noraboa ao poeta Antonio García Teixeiro polo seu Premio Nacional da Literatura Infantil e Xuvenil na sua edición 2017, pola súa obra Poemar o mar escrita na nosa lingua.

Alegrámonos moito e dámoslle as grazas por escribir unha poesía sinxela que gusta tanto aos nosos rapaces.

Wonder. Todos somos únicos

Os nenos de Educación Primaria da escola de San Cristovo este mes estiveron traballando e reflexionando sobre unha historia sinxela, deliciosa e amable que reflexa a importancia da diversidade e a importancia de aceptar aos demáis tal como son. Aquí vos deixo os seus preciosos traballos

PREMIO DA REAL ACADEMIA GALEGA

Esta semana tivemos unha moi boa noticia, resultamos premiados no certame Contádenos o voso Día das Letras, convocado pola Real Academia Galega dentro do proxecto educativo Primavera das Letras.

No certame participaron cerca de oitenta centros educativos de toda Galicia con proxectos arredor da celebración do 17 de maio dedicado a Carlos Casares.

O noso traballo está recollido no blog da biblioteca, pincha na imaxe para ver máis sobre o proxecto

A comunidade educativa do CRA Amencer de Ribadavia agradece a Real Academia Galega este premio polo traballo feito a prol da difusión da figura e a obra de Carlos Casares e da nosa lingua.

BENVIDOS AO CURSO 2017-18

Xa está lista a nosa biblioteca de San Paio e os nosos espacios lectores das escolas de Francelos, San Cristovo e San Paio para disfrutar de elas.

Este curso traballaremos o lema das Bibliotecas escolares de Galicia: Aprender a pensar coa biblioteca escolar.